APERTURA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025
·PRAZO DE PRESENTACIÓN:
DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2024
- Cando o número de solicitudes sexa superior ao de postos dispoñibles, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, entre o 21 de marzo e o 3 de abril, ambos incluídos, para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterior xerais de admisión alegados pola persoa solicitante.
- Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: ANTES DO 25 DE ABRIL. Poderán ser obxecto de reclamación nun prazo de 5 días hábiles.
- Publicación definitiva das listaxes de admitidos e non admitidos: ANTES DO 15 DE MAIO. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes.
- O alumnado admitivo no centro poderá formalizar a súa inscripción do 20 AO 30 DE XUÑO.
·IMPRESOS:
Solicitude de admisión en educación infantil e primaria (Anexo II).
·DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR XUNTO AO IMPRESO:
·LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
- Na Sede Electrónica con certificado dixital ou Chave365.
- Cubríndoa na ligazón Admisión Alumnado e presentándoa no centro.
- Cubrindoa a man e presentándoa no centro.
ADMISIÓN EXTRAORDINARIA
Para realizar a admisión extraordinaria (fora dos prazos establecidos) deberase cubrir o seguinte FORMULARIO e presentalo na Xefatura Territorial ou no centro solicitado en primeiro lugar acompañado da seguinte documentación: