Skip to Content

Secretaría

CONVOCATORIA DE BECAS DE COMEDOR PARA O PRÓXIMO CURSO

O 30 de marzo de 2021 publicáronse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña as bases para a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2021-2022.

 

O prazo para a presentación de solicitudes será do 5 ao 30 de abril, ambos incluídos.

 

Os impresos facilitaranse nas oficinas dos rexistros municipais e estarán tamén dispoñibles na sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es).

 

A solicitude específica e os anexos, debidamente cubertos e asinados, e o resto de documentación exixida na convocatoria poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas…) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.

 

NOTA: Este ano, entre outros requisitos para acceder á bolsa, o/a alumno/a solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido. Naqueles casos que por imposibilidade legal non dispoñan de ningún dos documentos anteriores, poderán presentar unha instancia no rexistro solicitando a cobertura do gasto de comedor con outro recurso, que será valorado polos equipos técnicos especializados

Admisión alumnado

APERTURA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

 

·PRAZO DE PRESENTACIÓN:

 

DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2024

 

 

 

  •  Cando o número de solicitudes sexa superior ao de postos dispoñibles, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, entre o 21 de marzo e o 3 de abril, ambos incluídos, para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterior xerais de admisión alegados pola persoa solicitante.
  •  Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: ANTES DO 25 DE ABRIL. Poderán ser obxecto de reclamación nun prazo de 5 días hábiles. 
  •  Publicación definitiva das listaxes de admitidos e non admitidos: ANTES DO 15 DE MAIO. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes.
  •  O alumnado admitivo no centro poderá formalizar a súa inscripción do 20 AO 30 DE XUÑO. 

 

 

·IMPRESOS: 

 

Solicitude de admisión en educación infantil e primaria (Anexo II).

Impreso en castelán: Anexo II - ED550B-C 

Impreso en galego:  Anexo II - ED550B-G 

 

·DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR XUNTO AO IMPRESO: 

 

 

·LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

 

- Na Sede Electrónica con certificado dixital ou Chave365.   

- Cubríndoa na ligazón Admisión Alumnado e presentándoa no centro. 

- Cubrindoa a man e presentándoa no centro. 

 

   


 

ADMISIÓN EXTRAORDINARIA

 Para realizar a admisión extraordinaria (fora dos prazos establecidos) deberase cubrir o seguinte FORMULARIO e presentalo na Xefatura Territorial ou no centro solicitado en primeiro lugar acompañado da seguinte documentación: 

 


 

 

  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut