Benvid@s á web do CEIP Torre de Hércules.
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
HORARIO E INFORMACIÓN DE
COMEZO DAS CLASES
HORARIO DE SECRETARÍA
A partir do 11 de setembro a secretaría terá o seguinte horario:
HORARIO DE SECRETARÍA
(Primeiros días de setembro)
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES
DEFINITIVAS DE FONDO LIBROS
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE FONDO LIBROS
HORARIO DE SECRETARÍA PARA MATRÍCULA - CURSO 24/25
Para información sobre a documentación que aportar, fai clique na imaxe:
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE MATERIAL PARA EDUCACIÓN PRIMARIA
BECA COMEDOR DO CONCELLO
PARA O CURSO 2024-2025
(A presentar nos rexistros municipais)
ADMISIÓN 2024-2025
DOSSIER CEIP TORRE DE HÉRCULES
POSTOS ESCOLARES VACANTES
PARA O CURSO 2024-2025
PROCESO DE ADMISIÓN
MANDAS DO MECO - ENTROIDO 2024
XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO CEIP TORRE DE HÉRCULES
RESERVA DE PRAZA NO IES ADORMIDERAS
CRONOLOXÍA DA ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 24-25
HORARIO DE SECRETARÍA 23-24
COMEZO DE CURSO 2023-2024
Benvidxs a un novo curso no CEIP Torre de Hércules!
Agardamos que collérades folgos para comezar xuntxs esta nova andaina.
Adxuntamos o horario de entradas e saídas:
REUNIÓN TITORÍA 3 ANOS
HORARIO DE RECOLLIDA DE VALES DO FONDO LIBROS PARA O CURSO 23-24 EN SECRETARÍA
LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS CURSO 2023-2024
PUBLICADA A LISTAXE PROVISIONAL DE FONDO LIBROS CURSO 2023-24
INFORMACIÓN SOBRE BOLSAS COMEDOR
MATRÍCULA- CURSO 2023/2024
Mañá ábrese o prazo para formalizar a matrícula no noso centro:
LIBROS DE TEXTO - CURSO 2023/2024
Premendo na imaxe pódese acceder á listaxe de libros de texto para o próximo curso.
Lembrade que 5º e 6º de Primaria teñen Edixgal e non precisan de libros de texto.
FONDO LIBROS CURSO 23-24
BECAS NEAE
Publicada a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2023-2024. Máis información na web do Ministerio de Educación.
As solicitudes preséntanse na secretaría do centro con cita previa, do 8 de maio ao 30 de setembro
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 23-24
DATAS DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024
POSTOS ESCOLARES VACANTES
VISITA VIRTUAL AO CENTRO
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
RESERVA DE PRAZA PARA O IES ADORMIDERAS
INSTRUCCIÓNS DO PROCESO:
- Destinatarios: alumnado de 6º EP.
- Prazo: do 16 ao 4 de febreiro.
- A publicación da listaxe definitiva do alumnado con posto reservado será o 22 de febreiro.
- Este procedemento é soamente para a realización de solicitude nos centros de educación secundaria adscritos a cada CEIP. No noso caso, o centro adscrito é o IES Plurilingüe Adormideras.
- Formas de presentación: algunha das opcións existentes no seguinte enlace:
- Para a entrega da documentación de forma presencial deberán chamar ao centro para solicitar CITA coa secretaría (981202120).
- O titor de 6º EP terá á disposición do alumnado solicitudes deste procedemento para aqueles que o requiran.
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
Preme na imaxe para acceder á información sobre dita convocatoria.
AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
Atendendo ao regulado na Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022:
- Todas as persoas beneficiarias do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.
- Este vale deberá empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.
- No suposto de extravío pola familia ou pola libraría, o centro nunca pode expedir un duplicado.
- A persoa que acuda ao centro a recoller o vale debe de ser a mesma que realizou a solicitude. Non caso de non poder asistir, deberá de autorizar a outra persoa maior de idade, que presentará no centro dita autorización xunto co seu DNI.
- Poden recoller o vale a partir de mañá martes 18 de outubro en horario de secretaría:
AVISO SERVIZO MADRUGADORES
HORARIO SECRETARÍA CURSO 22-23
COMEZO DE CURSO 2022-2023
Benvid@s!
Comeza un novo curso cheo de ilusións e bos propósitos, pero sobre todo un curso no que recuperamos a normalidade perdida.
Por iso, queremos compartir a seguinte información sobre o comezo do curso e os horarios de entradas e saídas:
RECOLLIDA VALES - 1º SEMANA SETEMBRO
NOVO ENDEREZO WEB
Estimadas familias:
O mércores 20 de xullo mudaremos o enderezo web co novo nome do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiptorrehercules/
Esta acción súmase ao cambio de enderezo electrónico: ceip.torre.hercules@edu.xunta.gal
FELIZ VERÁN!
BOLSAS COMEDOR
Onte 11 de xullo de 2022 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe provisional de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2022-2023. Pódense consultar en:
- Taboleiro de edictos:
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica;jsessionid=DB03E1E0FAFFEE3F7C24BB2F1A516520?method=view&id=16078
- Páxina web de servizos sociais:
https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/detalle-contenido/concesion-de-becas-comedor-curso-22-23-propuesta-provisional/suceso/1453806145491
- Taboleiros dos centros cívicos municipais.
Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial e ao número de expediente asignado.
O prazo para a presentación das alegacións é de 10 días hábiles, do 12 ao 26 de xullo de 2022, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
O VOCEIRO DE HÉRCULES
Como cada ano, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro elaborou a revista escolar "O Voceiro de Hércules", que recopila todo o traballo feito polo noso alumnado durante este curso 2021-2022.
Preme na imaxe para velo...agardamos que vos guste!
LISTAXES PROVISIONAIS DE FONDO LIBROS E AXUDAS DE MATERIAL
Preme na imaxe para acceder á información sobre as listaxes provisionais.
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2022/23
Preme na imaxe para acceder á documentación para a formalización da matrícula para o curso 2022-23.
Nota: para a presentación da documentación é necesario traer orixinal e fotocopia.
LIBROS DE TEXTO CURSO 2022/23
Preme na imaxe para acceder á listaxe de libros de texto para o próximo curso.
Lembre que 5º de Primaria comeza có programa Edixgal e non precisa de libros de texto.
RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023
RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023
RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023
APERTURA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023
·PRAZO DE PRESENTACIÓN:
Do día 1 ata 21 de marzo (ambos inclusive).
- Cando o número de solicitudes sexa superior ao de postos dispoñibles, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, entre o 24 de marzo e o 6 de abril, ambos incluídos, para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterior xerais de admisión alegados pola persoa solicitante.Tamén teñen a opción de achegala á solicitude de admisión.
- Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: ANTES DO 25 DE ABRIL. Poderán ser obxecto de reclamación nun prazo de 5 días hábiles.
- Publicación definitiva das listaxes de admitidos e non admitidos: ANTES DO 15 DE MAIO. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes.
- O alumnado admitivo no centro poderá formalizar a súa inscripción do 20 AO 30 DE XUÑO.
·IMPRESOS: Solicitude de admisión en educación infantil e primaria (Anexo II).
- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala na Sede Electrónica
·PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
- Na sede electrónica con certificado dixital ou Chave365.
- Na secretaría do centro con cita previa. Lembramos o horario de secretaría:
·DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:
- Copia DNI, Libro de familia ou documento acreditativo do requisito de idade d@ alumn@
- Certificado empadronamento actualizado.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio de ser o caso.
- No caso de optar a un curso distinto de 4º de EI, deberán achegar, tamén, certificación de matrícula do centro de procedencia.
- Calquer outra documentación xustificativa para acreditar a puntuación.
Toda a documentación deberá vir fotocopiada e acompañada dos orixinais para a súa comprobación.
·PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2022-23:
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023 |
|
4º DE EDUCACIÓN INFANTIL |
22 -3* |
5º DE EDUCACIÓN INFANTIL |
10 |
6º DE EDUCACIÓN INFANTIL |
6 |
1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA |
0 |
2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA |
22 |
3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA |
3 |
4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA |
0 |
5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA |
23 |
6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA |
0 |
·NORMATIVA DO PROCESO E OUTRAS LIGAZÓNS:
- DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 12 de marzo de 2013, que o desenvolve.
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017, pola que se modifica a ORDE do 12 de marzo de 2013.
- ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
- Mapa de Zona de Influencia dos Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria.
- Criterios de valoración.
- Resolución sorteo letra desempates.
- Información da Consellería sobre a Escolarización.
- Admisión alumnado.
PORTAS ABERTAS CURSO 2022-2023
(SÓ PARA O ALUMNADO QUE ENTRA EN 4º DE ED. INFANTIL)
VISITA VIRTUALMENTE Ó NOSO CENTRO:
SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA NO IES
ADSCRITO Ó NOSO CENTRO PARA O CURSO
2022 - 2023
INSTRUCCIÓNS DO PROCESO:
- O proceso de admisión que da comezo hoxe é soamente para a realización de solicitude nos centros de educación secundaria adscritos a cada CEIP. No noso caso, o centro adscrito é o IES Plurilingüe Adormideras.
- Todas as familias interesadas en realizar o proceso de solicitude de praza no IES Plurilingüe Adormideras poderán realizalo a partires de hoxe 11 de xaneiro e ata o 8 de febreiro, ambos inclusive.
- A solicitude poderá presentarse de acordo con algunha das opcións existentes no seguinte enlace:
- No caso de elixir a opción de entrega no centro de orixe (o noso centro), poden facela na secretaría (solicitando cita previa no teléfono 981202120)
- A titora de 6º EP terá á disposición do alumnado solicitudes deste procedemento para aqueles que o requiran.
- Poden consultar a páxina da Consellería para máis información. Premen no seguinte enlace:
PAXINA CONSELLERÍA ADMISIÓN ALUMNADO
Para calquera dúbida ou consulta quedamos á súa disposición vía telefónica ou a través do correo electrónico.
BO NADAL!
RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O NADAL
Premendo na seguinte imaxe atoparedes as recomendacións de lectura para este Nadal ou ben suxerencias para as vosas listas de desexos.
Agardamos que sexan do voso agrado!
AXUDAS PARA MÁSCARAS
Xa están publicadas as listaxes provisionais das axudas para as máscaras no taboleiro interior do centro.
O beneficiario destas axudas será o alumnado que recibiu a beca para a adquisición de material, xa que non se presentou ningunha solicitude no prazo establecido.
O mércores, 1 de decembro, publicaremos as listaxes definitivas e procederemos á entrega de máscaras.
RECORDATORIO DAS ELECCIÓNS Ó CONSELLO ESCOLAR
De acordo coa Convocatoria do día 2 do mes en curso, o próximo luns 22, en horario de 17`00 a 20`00 horas, celebrarase neste centro a votación para elección de representantes das nais, pais ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar.
Para máis información tedes aquí a ligazón á circular informativa:
https://drive.google.com/file/d/1sZW8H8TILwocVs7Qo75tmvz7ZhNLMzc0/view?usp=sharing
RELACIÓN DE CANDIDATURAS DE PAIS/NAIS DO ALUMNADO PARA O CONSELLO ESCOLAR
https://drive.google.com/file/d/1coOt8Pr1g9KE_t91TpRFVYXhBd5ocXER/view?usp=sharing
AXUDAS PARA MÁSCARAS
A Consellería de Educación acaba de publicar a Orde para a distribucación de máscaras entre o alumnado de Ed. Primaria, Secundaria e Ed. Especial.
O alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material non terá que presentar a solicitude, se lles concederá automáticamente.
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-081121-0001_gl.pdf
Para o resto do alumnado, o prazo de solicitude é ata o 26 de novembro. A solicitude será presencial na secretaría do centro con cita previa utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: http://www.sede.xunta.gal
Lembramos o horario de atención ao público da secretaría:
PROXECTO "PARTICIPACIÓN: INFANCIA E ADOLESCENCIA"
O Concello da Coruña está a colaborar, xunto con outros municipios de España, UNICEF, a Asociación Internacional de Cidades Educadoras e os equipos de investigación da UNED e as Universidade de Barcelona, Sevilla e A Coruña, no proxecto "Participación: infancia e adolescencia. Por unha cidadanía activa".
A investigación ten o propósito de avanzar no exercicio da participación da infancia na nosa cidade e na súa inclusión como cidadanía activa, así como fortalecer as formas e as prácticas de participación do colectivo infancia e adolescencia nos municipios.
Neste momento estase a iniciar un proceso investigador para coñecer a realidade coruñesa neste ámbito mediante a realización dun cuestionario en liña destinado a rapaces e rapazas de 10 a 14 anos de idade.
No enlace que achegamos aparece un brevísimo video explicativo, así como o consentimento informado para nais e pais e o propio cuestionario que deben cubrir os menores vía on line. O prazo para cubrilo sería dun mes, polo que estaría aberto ata finais de novembro.
https://www.ub.edu/infanciayparticipacion/?page_id=6415
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL
Prezadas familias,
Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder á Programación Xeral Anual do centro, aprobada en sesión de Consello Escolar o 25 de outubro.
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
Estimadas familias:
Neste apartado iremos poñendo toda a información relativa ás eleccións do Consello Escolar, informando a través da aplicación ABALAR das novidades que se vaian engadindo.
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS - Este documento entregarase asinado na secretaría do centro ou se enviará ó correo electrónico do centro nos prazos establecidos (do 5 ó 12 de novembro)
CONCERTO DE PAKOLAS!
Este venres, 1 de outubro, agardamos que veñades coas pilas ben cargadas, xa que teremos no noso centro un concerto de PAKOLAS, onde presentará o seu disco "RAMONA ÓRBITA". Esta actividade está promovida pola ANPA.
HORARIO DE ENTRADAS E SAÍDAS
A partir de mañá, día 9 de setembro, e seguindo o protocolo COVID do centro, estableceránse os seguintes horarios de entradas e saídas do alumnado:
HORARIO DE SECRETARÍA
A partir do 9 de setembro a secretaría terá o seguinte horario.
Lembramos que é imprescindible chamar antes ó 981202120 para establecer unha cita previa e evitar a acumulación de persoas no interior do centro.
Moitas grazas pola comprensión.
COMEZA UN NOVO CURSO!
Estimadas familias:
Comezamos un novo curso e dende o equipo directivo queremos darvos a benvida.
Consideramos oportuno facer unha reunión inicial de titorías onde informaremos de aspectos xerais do funcionamento do centro e intentaremos aclarar as dúbidas que podades ter.
Co fin de respectar as medidas do protocolo Covid soamente poderá asistir á reunión un membro de cada familia.
A continuación figura o horario de cada grupo.
As reunións terán lugar no salón de actos ou no patio exterior se o tempo o permite.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
Xa están publicadas as listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto. Pódense consultar no taboleiro de anuncios do interior do centro ou na web Fondo Libros con certificado dixital ou Chave 365.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 2021/2022
RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-2022
Debido á implantación da Lei orgánica 3/2020 do 29 de decembro
(LOMLOE), os libros de texto de 4º e 6º EP non se modifican durante o
curso 2021-2022.
Para ver a listaxe completa, poden premer nesta LIGAZÓN.
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO ADMITIDO NO NOSO CENTRO.
APERTURA DO PRAZO PARA PARTICIPAR NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.
LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO
NO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN 2021-2022
NOVAS SOBRE O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN
CONVOCATORIA DE BECAS DE COMEDOR
PARA O PRÓXIMO CURSO
O 30 de marzo de 2021 publicáronse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña as bases para a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2021-2022.
O prazo para a presentación de solicitudes será do 5 ao 30 de abril, ambos incluídos.
Os impresos facilitaranse nas oficinas dos rexistros municipais e estarán tamén dispoñibles na sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es).
A solicitude específica e os anexos, debidamente cubertos e asinados, e o resto de documentación exixida na convocatoria poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas…) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.
NOTA: Este ano, entre outros requisitos para acceder á bolsa, o/a alumno/a solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido. Naqueles casos que por imposibilidade legal non dispoñan de ningún dos documentos anteriores, poderán presentar unha instancia no rexistro solicitando a cobertura do gasto de comedor con outro recurso, que será valorado polos equipos técnicos especializados.
NOVAS SOBRE O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN
CURSO 2020/21.
Xornada de portas abertas
Debido a situación sanitaria que estamos a vivir e as restricións actuais, as Xornadas de Portas Abertas para o vindeiro curso escolar non poderán ser de maneira presencial.
O horario do centro é de 9:00 ata as 14:00 horas. Contamos con servizo de madrugadores dende as 7:30 h ata as 9:00 h. O comedor está dentro do centro recentemente reformado cun horario de 14:00 ata 16:00 h.
Contamos con actividades extraescolares dende as 16:00 ata as 18:00 h.
Está composto por 3 grupos de infantil e 6 de primaria.
Temos aula de psicomotricidade dentro do centro, biblioteca e aula de informática reformada, salón de actos e ascensor.
Na nosa biblioteca "Xanela" facemos contacontos, dramatizacións, temos servizo de préstamos de libros, lecturas en voz alta.
En canto as especialidades temos música, educación física, pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe e orientación.
Relixións católica e evanxélica.
Temos coidadora, conserxe e persoal de limpeza.
Local da ANPA
Pabillón polideportivo. Xestionado pola Consellería empregándose nas clases de Educación Física e extraescolares.
Participamos en proxecto Abalar, Proxecto O Noso Patio e Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares e Radio na escola.
Para calquera dúbida chamar ao teléfono de centro 981202120 ou no correo ceip.sanjurjo.carricarte@edu.xunta.gal. Agardamos resolver todas as vosas dúbidas e inquedanzas.
Quedamos a vosa disposición
O Equipo Directivo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES NAIS-PAIS Convocatoria.pdf | 137.8 KB |
SIETE NOTAS, SIETE NORMAS (1).pdf | 5.05 MB |
ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES NAIS-PAIS Candidaturas.pdf | 95.38 KB |