Skip to Content

Festival de fin de curso 2018 / 2019

20/06/2019 12:15
20/06/2019 14:30
Europe/Madrid

O xoves día 20 de xuño levarase a cabo no centro o "Festival de fin de curso" a partires das 12:15 horas.

Excursión e remate do curso escolar 2018 / 2019

21/06/2019 09:30
21/06/2019 16:30
Europe/Madrid

O venres 21 de xuño, o alumnado do noso centro irá de excursión de fin de curso.

Con isto, poremos fin ás clases lectivas e daremos por rematado o curso escolar 2018/2019.

Disfrutade das merecidas vacacións!!!

 

Stop ó azucre. A consecuencia na diabetes

Seguindo coa nosa "Semana Saudable", o mércores, foi o turno de Lorena e Antonio, que impartiron unha charla titulada:

"Stop ó azucre. A consecuencia na diabetes", dirixida a todo o público de educación primaria.

Faláronnos sobre os azucres libres, sobre o pancreas, a diabetes e os seus tipos, cómo se forman, vimos os aparatos que se usan para detectala e controlar a enfermidade, e analizamos a través dun xogo, cómo son os nosos almorzos e merendas, vendo en cada caso, canto azucre consumimos e cal é a cantidade recomendada!

Podedes entrar na páxina sinazucar.org que, dunha forma moi visual, nos informan da cantidade de azucre que ten cada un dos alimentos que consumimos con frecuencia.

Grazas pola vosa colaboración e participación nestas charlas sobre saúde!!

 

 

Pulsar na seguinte imaxe para ver en grande

 

RCP e primeiros auxilios

Tal e como informamos a pasada semana, durante a presente, estase a levar a cabo na "Curuteca" unha serie de charlas, con motivo do "Día mundial da Saúde", dirixidas ao noso alumnado, onde as familias son as protagonistas.

O luns, Paula e Orlando, impartiron a charla "RCP e primeiros auxilios", recomendada sobretodo para o alumnado de 3º a 6º de Ed.Primaria.

Houbo parte teórica e práctica, con bonecos e mesmo con nenos/as, vendo como facer a maniobra de Heinrich, etc.

A continuación deixámosvos dous enlaces a vídeos interesantes que se proxectaron na charla.

Canción de la reanimación

RCP a ritmo de los Bee Gees

 

Dende aqui, agradecer a esta familia a súa participación e colaboración co noso centro escolar.

 

Semana saudable

Con motivo do "Día mundial da Saúde" (o pasado 7 de abril), no noso centro celebraremos a "Semana saudable" con diferentes charlas na nosa Curuteca.

As charlas terán unha duración estimada de 45-60 minutos aproximadamente. Éstas son:

-- Luns 9 de abril ás 16:30 horas, "RCP e primeiros auxilios". Idade recomendada de 3º a 6º de Ed.Primaria

-- Mércores 11 de abril ás 16:30 horas, "Stop ó azucre. A consecuencia na diabetes". Idade recomendada de 1º a 6º de Ed.Primaria

-- Xoves 12 de abril ás 16:30 horas, "Taller de Intelixencia Emocional". Dirixida a todo o alumnado.

-- Venres 13 de abril ás 16:30 horas, "Nutrición consciente Vs Alimentación industrial". Dirixida a todo o alumnado.

 

Esperamos vervos pola Curuteca e que estas charlas tan interesantes sexan do voso agrado!

Día do Traballador

01/05/2019 09:30
Europe/Madrid

O mércores 1 de maio, non haberá clases lectivas por tratarse dun festivo nacional, o "Día do Traballador".

Menú de Abril

Adxúntanse a continuación os menús do noso comedor escolar para este mes de Abril.

 

Menú

Menú rico en fibra

Menú sen glute

Menú sen marisco

Menú sen proteina do leite de vaca

 

Xornada de Saxofón

Onte mércores 14 de marzo tivemos a visita no noso centro do grupo "Dextrum Ensemble" que nos fixo disfrutar a todo o centro (a través de varias quendas) da historia do Saxofón, dos tipos que hai, e nos deleitaron con diferentes cancións de cada unha das décadas pasadas ata chegar aos nosos días!

Acompañaron as actuacións musicais cunha pequena dramatización e xogos de identificación para enganchar un pouco máis ao público infantil.

Disfrutamos moito desta xornada! Incluso algúns nenos/as se animaron a bailar!

 

 

Distintos momentos da actuación na quenda de Educ. Infantil

 

Xornada de Contacontos

O pasado luns 5 de marzo, tivemos a visita de Anxo Moure, que nos enriqueceu a todos cos seus contacontos, a súa expresividade e dramatización, e falounos tamén de como coidar o noso medio ambiente comezando polo máis próximo a nós.

Todo o centro, en diferentes turnos, disfrutamos desta xornada de Contacontos!

Agradecer, dende aquí, a Anxo Moure a súa visita, que nos encheu de ledicia, de risas e dun bo momento, á vez que aprendemos, a través dun conto, como coidar o noso.

 

Dous momentos da súa actividade nas aulas de Educ. Infantil

Exposición da Prehistoria

Non vos perdades unha nova entrada no noso blogue "O Monte do Castro" onde vos recomendamos unha curiosa saída!

Distribuir contido


by Dr. Radut