Skip to Content

Exposición temporal -- MULLERES

Dende estes días estará exposta no vestíbulo do noso centro escolar a exposición "MULLERES - Identidade e Herdanza" (por un mundo máis xusto e igualitario para todas e todos).

Esta exposición foi realizada con traballos de aula para a "Semana da Muller" no IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña, co patrocinio do Concello de Moaña, Concellería de igualdade e CIM.

Non deixedes de vela!

Teatro no centro

04/06/2019 17:00
04/06/2019 17:30
Europe/Madrid

O martes 4 de xuño, o alumnado de 6º Educación Infantil levará a cabo a realización dunha pequena obra de teatro relacionada co tema anual escolar, en dúas quendas: pola mañá para o alumnado e profesorado do centro educativo; e pola tarde, a partires das 17:00 horas, para as nais / pais de dito alumnado e para toda a comunidade educativa que queira disfrutar de dito evento.

Publicación das listaxes do alumnado admitido provisionalmente para o curso 2018-2019

A continuación publícanse as listaxes do alumnado admitido provisionalmente para o curso 2018-2019.

Premer na imaxe para visualizar/descargar.

LETRAS GALEGAS 2018

Neste ano, homenaxearase a María Victoria Moreno Márquez no "Día das Letras Galegas 2018".

A escritora, e profesora, enriqueceu as nosas letras tanto na narrativa, infantil e xuvenil sobretodo, como nos estudos literarios (ensaio, poesía, e na didáctica da lingua e da literatura galega. Anagnórise (1988) é unha das principais referencias cunha veintena de edicións, pero xunto a ela están Leonardo e os fontaneiros (1985), ou Guedellas de seda e liño (1999).

Dirixíu a colección "Árbore" na editorial Galaxia. María Victoria Moreno é a cuarta muller homenaxeada co "Día das Letras Galegas" en 55 anos de historia.

Día do LIBRO

O luns 23 de abril conmemoraremos no centro o "Día do Libro" cunha serie de actividades nas que fomentamos, unha vez máis, o gusto pola lectura e por todo o que a través dos libros se desenvolve.

Unha destas actividades foi a nosa "Milla lectora", na que nenos/as de primaria colleron da man a un ou dous nenos/as máis pequenos (infantil e primeiro curso de primaria) e, ademáis de percorrer xuntos a Milla, buscaron un lugar cómodo onde sentarse e leron xuntos un conto. Unha actividade moi bonita para compartir, a lectura.

Nestes días o equipo da Curuteca confecionou un precioso mural no que se pode ver aos nenos/as do noso centro lendo un libro, o seu libro favorito (libro que pintaron na súa casa coa axuda das familias). Podedes pasar a ver o mural xunto coas vosas fillas/os e disfrutar deste marabilloso resultado. A continuación podedes visualizar tamén unhas imaxes do mesmo:

Ampliación marxe esquerda          Ampliación marxe dereita

EXHIBITION OF MIRÓ

Ao comezo do mes de Xaneiro, parte do alumnado de primaria, que cursa a materia de ARTS na lingua estranxeira (dentro do proxecto Plurilingüe do noso centro escolar), visualizou para o resto da comunidade escolar parte do traballo que están a realizar nesta asignatura. Ademáis de aprender acerca do escultor e pintor Joan Miró, levaron a cabo a reprodución tanto dalgunhas técnicas como de parte da súa obra.

A continuación móstranse imaxes desta exposición que estivo ubicada no vestíbulo do edificio principal do centro:

 

 

ARTS

Taller de Intelixencia Emocional

O pasado xoves, foi o turno da charla que levou por título "Taller de Intelixencia Emocional", a cargo de María (mamá de Vega), dirixida a todo o noso alumnado.

Durante a mesma, explicou como era o cereblo, como funcionan as emocións, e como éstas nos fan sentir. A continuación, levou a cabo dúas dinámicas de traballo emocional sobre a autoestima.

Agradecer, dende aquí, a súa participación e colaboración nesta "Semana Saudable".

 

LETRAS GALEGAS

Taller de Intelixencia Emocional

O xoves levouse a cabo o "Taller de Intelixencia Emocional" na Curuteca do noso centro, charla/taller dirixida a todo o alumnado.

???, a nai de Vega, falounos de...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut