Comunicámoslles que está aberto o prazo para solicitar as axudas de material escolar, as axudas de libros de texto e a participación en fondolibros. A solicitude podedes cubrila de xeito telemático en https://www.edu.xunta.es/fondolibros ou presentala no colexio.
A documentación a presentar é:
- Anexo I e anexo II (descargar aquí)
- Copia do libro de familia que reflicte a situación a día 31/12/2016. De non estar actualizado, debedes presentar a sentenza xudicial ou o certificado de convivencia.
- Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/na ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
Lembrade que tedes que traer os orixinais e as copias para cotexalas no centro.
Ante calquera dúbida, poñédevos en contacto en horario de secretaría.
O prazo remata o 22 de xuño ás 14:30 horas.