Skip to Content

Concurso de chistes 2018

A semana pasada levouse a cabo o xa tradicional concurso de chistes organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG).

O noso alumnado trouxo un chiste preparado na casa que contou a posteriori en lingua galega na súa aula durante o luns, martes e mércores. Os tres mellores chistes de cada curso pasaron á "Gran Final" que se celebrou o xoves e o venres despois do recreo no vestíbulo do edificio principal.

Este ano contou coa participación dun xurado composto por mestres/as e alumnado de distinto ciclo do que competía nese intre; e contou tamén con agasallos para os gañadores de cada ciclo (ciclo de Educ. Infantil, 1º , 2º e 3º ciclo de Primaria), que se levaron un libro por contar en galego o mellor chiste!

 

AdxuntoTamaño
IMG_20180126_124511_001_COVER.jpg2.35 MB
chistes.jpg3.84 MB


blog | by Dr. Radut