ACTIVIDADES DE REPASO - 4º DE PRIMARIA

Bos días, familias!

Deixovos, a continuación, o material desta semana e da próxima. Como sempre, calquera cousiña, estamos en contacto a través do grupo de whatsapp.

 

Un saúdo e moito ánimo!!

 

Carla

 

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS.

“Desescalando a lingua”

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, dende a biblioteca proponse a actividade “Desescalando a Lingua”. Esta actividade consistirá en cada alumn@ elixa unha palabra, refrán ou frase feita que lle guste da lingua galega e a escriba nun folio acompañada ou non dun debuxo, se faga unha foto con ela (ou simplemente unha foto do folio) e a envíe ao colexio ou aos grupos de whatsapp, ou o 651010011 como nas anteriores actividades. O prazo remata o día 16 de maio ás 12 da noite. Con todas estas achegas farase unha montaxe ao longo do día 17 de maio e daráselle publicidade. Moitas grazas pola colaboración de antemán.

Un cordial saúdo. O Claustro.

ACTIVIDADE GALEGO 5º PRIMARIA.

Boas

 

Deixo ficha de galego para imprimir pero tamén a poden facer na libreta.

 

Saúdos.

Actividades Relixión Católica semana 11 de maio

Bo día, para tod@s. Comezamos unha nova semana, espero que con máis ánimo!!.

Aquí tedes as recomendacións para esta semana. Para cada curso envío dos adxuntos(nun deles van as correccións).

Apertas do profe Marcos.

PD coma sempre para 5º e 6º tamén o teñen en Edixgal e para as consultas tedes o meu correo.

ACTIVIDADES 1º e 2º CURSO

Boas familias, adxunto dous documentos para 1º e 2º curso con actividades de reforzo de Ciencias Sociais, Ciencias da Natureza, Mates e Linguas. 

Espero que estedes todos ben!!

Un saúdo.

ACTIVIDADES PARA INFANTIL

Bos días familias!

A continuación, deixo un documento para seguir repasando conceptos matemáticos para os nen@s de 3 anos. Tamén aproveitando que foron enviados os libros que quedaban no colexio, imos a facer uso deles, polo que esta semana pode ser interesante empezar co caderno de números. Unha suxerencia de inicio pode ser a realización das páxinas 1,2,3,4 e 7, que gardan unha certa relación entre si.

 

Calquera dúbida, xa me decides! Unha aperta e un biquiño forte para tod@s!

ADMISIÓN DE ALUMNADO. CURSO 2020-2021

Boas

As familias que desexen matricular os seus fillos neste centro educativo poden facelo da seguinte forma:

DO 11 O 18 DE MAIO AMBOS INCLUIDOS.

HORARIO: 11H A 13:30H (pedir cita previa)

pedir cita previa sempre: de dúas formas:

-chamando o 651010011 ou enviando whatsapp ou sms

-enviando un correo electrónico o ceip.terra.cha@edu.xunta.es

-Enviar por correo electrónico cuberto os impresos e a documentación escaneada que se pide no arquivo adxunto.

 

PROTOCOLO DE SEGURIDADE:

cada persoa que entre no centro tera a OBRIGATORIEDADE de desinfectar as mans con xel desinfectante.

manter a distancia de seguridade de 1,70m co persoa que o reciba, teranse cintas no chan con recomendacións de seguridade.

 

Saúdos.

ACTIVIDADES MATEMATICAS: 5º PRIMARIA

Boas

 

Deixo uns problemas de matemáticas por si queredes imprimir. Pero podedes facelos igual na libreta.

 

Saúdos.

Correccións ó traballo de Relixión Católica semana 4 maio

Bo día!!!

Estas son as correccións ó traballo desta semana.

Bo finde,

Marcos.

Ampliación contidos para 3º.

Ola a todos!

Deixovos un documento de ampliación de lengua e outro de mates para a semana que ven. 

Xa volo organizo no horario semanal.

Un saúdo!

Distribuir contido