Pedímoslles aos nosos nenos e nenas que pensaran cal era o seu libro favorito e velaquí tedes as respostas... dun xeito un tanto especial.
Seguro que vos gusta tanto como a nós!
Feliz Entroido!
A continuación deixámosvos un pequeno vídeo que fixemos para celebrar o Entroido.
Clicade aquí para velo nun dos nosos blogs
Xa estamos a piques de que chegue o Entroido e dende o CEIP de Tabeaio imos realizar ao longo da semana que vén (do 5 ao 9 de febreiro) os Mandadiños da festa, que foron ideados polo alumnado de Primaria.
Acaba de rematar o Nadal e xa estamos pensando na próxima festa!
O Entroido é a seguinte parada e este ano, tendo en conta a temática do proxecto Voz Natura "Flora e fauna autóctonos", imos ir disfrazados de polbo.
A continuación tedes unha breve infografía sobre como podedes facer o voso desfrace.
Estamos desexando ver as vosas creacións. Estamos seguras de que seredes moi, pero que moi orixinais!
Se clicades aquí podedes ver a imaxe con mellor calidade.
Xa chegou o Nadal á nosa escola da man da nosa benquerida ANPA.
Converteron, con moito traballo e dedicación, a nosa escola nun estupendo poboado de Nadal.
E aquí temos o resultado de todas as palabras contra a violencia de xénero que toda a nosa comunidade educativa elaborou colaborativamente.
E se queredes velo con mellor calidade e máis grande só tedes que clicar aquí
Continuamos coa conmemoriación do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Hoxe facendo unha actividade conxunta. Os maiores axudamos aos pequenos a escribir nun lazo violeta palabras contra a violencia.
Ao longo desta semana conmemoraremos o 25N, Día internacional contra a Violencia de Xénero. Ademais das actividades que levemos a cabo no centro queremos contar coa vosa colaboración para elaborar unha nube de palabras contra todo tipo de violencia.
Só tedes que ingresar no seguinte enlace e introducir ata 3 palabras (non é obligatorio introducir 3, podedes poñer 1 ou 2).
Ao finalizar esta semana compartiremos o resultado a través da web.
Animádevos!