ADMISIÓN 2020/2021: Apertura do proceso de admisión de alumnado

O Decreto 254/2012, do 13 de decembro, a Orde do 12 de marzo de 2013 e a Orde do 25 de xaneiro de 2017 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, regulan o procedemento para a admisión e matriculación do alumnado nos centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato. 

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

  • Deben solicitar seren admitidos neste centro tódolos nenos e nenas que queiran estudar nel o curso que vén, 2020-2021, e que non estean aquí no curso actual.

  •  Para solicitar a ADMISIÓN no CEIP de Tabeaio hai varias opcións:

    • Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica: Na aplicación da Xunta ‘AdmisionAlumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Ahí poderápresentar a solicitude de admisión e consultar o estado de tramitación da solicitude. É preciso dispoñer da Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

    • Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: Na aplicación da Xunta ‘AdmisionAlumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Pode cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.

    • Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

  • Se alguén solicita varios centros a solicitude debe entregala no centro que figura en 1º lugar.

  • Só se pode presentar unha única solicitude no centro que solicite en primeiro lugar, a presentación de máis dunha solicitude en varios centros determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro e presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

  • O prazo para presentar solicitudes de admisión é do 1 ao 20 de marzo.

 

DOCUMENTACIÓN PRECISA:

  • A documentación a presentar será o DNI ou pasaporte do neno/a onde figure a súa idade, ou no seu defecto o libro de familia, ou unha fotocopia cotexada destes. 

  • No caso de que houbese máis solicitudes que vacantes, ábrese un prazo do 23 de marzo ao 2 de abril, para a presentación da documentación xustificativa dos criterios do baremo, que é a seguinte:

             - No caso de optar a un curso de Primaria, deberán achegar tamén certificación de matrícula do centro de procedencia.

             - Certificado de empadroamento municipal. Deben figurar todos os membros da unidade familiar que convivan no domicilio.

             - Certificacións oficiais xustificativas doutras circunstancias:

                                   *Situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais (Informe dos servizos sociais competentes que acredite as circunstancias achegadas)

                                    *Alumnado con necesidades educativas específicas (documentación acreditativa das circunstancias alegadas)

                                    *Separación legal dos pais: orixinal e fotocopia do convenio regulador ou da resolución xudicial.

                 (A efectos de comprobación, é necesario presentar sempre o orixinal de todos os documentos fotocopiados).

                    É posible autorizar na propia solicitude a consulta do domicilio fiscal e declaración do imposto sobre a renda, do título de familia numerosa e do certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia. Se se marca cun "X" en todas esas casillas non hai que xustificalas documentalmente, xa que queda feito de xeito telemático.

 

DATAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS: 

  • A relación provisional do alumnado admitido e non admitido publicarase no taboleiro de anuncios do centro, antes do 25 de abril.

Poderase formular reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación da listaxe.

  • A relación definitiva do alumnado admitido e non admitido publicarase no taboleiro de anuncios do centro, antes do 15 de maio.

Contra a relación definitiva de admitidos poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a publicación.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:

  • Todo o alumnado admitido para o próximo curso próximo, 2020-2021, debe formalizar a súa matricula cubrindo o impreso que se facilitará no centro, do 20 ao 30 de xuño.