Admisión alumnos/as curso 2019/2020

 

INFORMACIÓN RESPECTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRICULACIÓN DO ALUMNADO

 

 

O Decreto 254/2012, do 13 de decembro, a Orde do 12 de marzo de 2013 e a Orde do 25 de xaneiro de 2017 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, regulan o procedemento para a admisión e matriculación do alumnado nos centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, primaria, educación secundaria obligatoria e bacharelato.

As familias que o desexen poden utilizar a aplicación admisionalumnado para cumprimentar as solicitudes de reserva de praza ou de admisión, presentar a solicitude de admisión de forma electrónica (acompañada de copias en soporte electrónico da documentación), así como consultar o estado de tramitación da súa solicitude.

 

NÚMERO DE VACANTES DO CENTRO:

 

VACANTES:

 

  • 2º ciclo de Educación Infantil: 4 vacantes.

  • 1º e 2º de Educación Primaria: 12 vacantes.

 

Para escolarizar alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, reservaranse 3 vacantes en 3 anos (Educación Infantil) e 3 vacantes en 1º de Primaria (incluídas no número total de vacantes ofertadas). No momento da solicitude deberán xustificar coa documentación pertinente a situación de alumnado con necesidades específicas de apoio.

As prazas reservadas non adxudicadas a este alumnado asignaranse conforme o proceso ordinario.

 

 RESERVA DE PRAZA:

  • Para o alumnado que no vindeiro curso pase ao centro adscrito (CEIP Vicente Otero Valcárcel).

  • Do 1 ao 15 de febreiro. O modelo de reserva de praza será proporcionado por este centro.

  • O alumnado que ten reserva de praza nun centro, se presenta a solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar á renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

  • Deben solicitar seren admitidos neste centro todos os nenos e nenas que queiran estudar nel o curso que vén, 2019-2020, e que non están aquí no curso actual.

  • Para solicitar a admisión é necesario pedir no centro o modelo de solicitude, cubrilo e entregalo.

  • Se alguén solicita varios centros a solicitude debe entregala no centro que figura en 1º lugar.

  • Só se pode presentar unha única solicitude no centro que solicite en primeiro lugar, a presentación de máis dunha solicitude en varios centros determinará a pérdida dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro e presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

  • O prazo para presentar solicitudes de admisión é do 1 ao 20 de marzo.

A documentación a presentar será o DNI ou pasaporte do neno/a onde figure a súa idade, ou no seu defecto o libro de familia, ou unha fotocopia cotexada destes.

  • No caso de que houbese máis solicitudes que vacantes, ábrese un prazoata o 5 de abril, para a presentación da documentación xustificativa dos criterios do baremo.

  • A relación provisional do alumnado admitido e non admitido publicarase no taboleiro de anuncios do centro, antes do 25 de abril.

Poderase formular reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación da listaxe.

  • A relación definitiva do alumnado admitido e non admitido publicarase no taboleiro de anuncios do centro, antes do 15 de maio.

Contra a relación definitiva de admitidos poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a publicación.

 

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:

 

  • Todo o alumnado admitido para o próximo curso próximo, 2019-2020, debe formalizar a súa matricula cubrindo o impreso que se facilitará no centro, do 20 ao 30 de xuño.

 

INFORMACIÓN, DOCUMENTACIÓN E MODELOS DE SOLICITUDE NOS SEGUINTES ENLACES:

 

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26923

Instruccións da Xefatura Territorial de A Coruña