Eleccións ao Consello Escolar 2024-2025

Estimadas familias,

 

no DOG do 18/09/2024, publicouse a Resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

O Consello Escolar é un órgano de goberno do Colexio no que participan os distintos membros da Comunidade Educativa: pais, nai e titores/as legais dos mesmos, docentes, persoal non docente e Concello.

 

Para organizar e supervisar este proceso electoral ten que constituírse unha Xunta Electoral, que estará integrada pola mestra responsable do centro (Laura), unha mestra e un representante dos pais e nais de alumnos/as, este último designado por sorteo público.

 

-O venres 18 de outubro ás 11:30 horas realizarase un sorteo público para seleccionar a un pai/nai ou titor legal dun alumno/a que formará parte da Xunta Electoral. No momento en que se constitúa a Xunta Electoral expoñerase no taboleiro de anuncios e na web do centro o calendario dos distintos actos do proceso electoral, e poderá consultarse o censo de electores no centro.

 

-Unha vez constituída a Xunta Electoral, abrirase un prazo para presentación de candidaturas e reclamacións ao censo.

 

-Unha vez finalizado o proceso, a Xunta Electoral proclamará a candidatura elixida e o representante das familias será nomeado por un período de 2 anos.

 

-Finalmente constituirase o novo Consello Escolar no mes de decembro.