ADMISION CURSO 2021/2022: APERTURA DO PRAZO PARA SOLICITUDES DE ADMISIÓN

O Decreto 254/2012, do 13 de decembro, a Orde do 12 de marzo de 2013 e a Orde do 25 de xaneiro de 2017 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, regulan o procedemento para a admisión e matriculación do alumnado nos centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

NÚMERO DE VACANTES NO CENTRO:  

 - 2º ciclo de Educación Infantil: 5 vacantes.

 - 1ºe 2º de Educación Primaria: 6 vacantes.

 
Para escolarizar alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), reservaranse 3 vacantes en 3 anos (Educación Infantil) e 3 vacantes no 1º curso do 1º ciclo de Educación Primaria (incluídas no número total de vacantes ofertadas). No momento da solicitude deberán xustificar coa documentación pertinente a situación de alumnado con necesidades específicas de apoio.

As prazas reservadas non adxudicadas a este alumnado asignaranse conforme o proceso ordinario.

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN: 

  • Deben solicitar seren admitidos neste centro tódolos nenos e nenas que queiran estudar nel o curso que vén, 2021-2022, e que non estean aquí no curso actual.
  • Para solicitar a admisión no CEIP de Tabeaio hai varias opcións:
    • Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica: Na aplicación da Xunta ‘AdmisionAlumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Aí poderá presentar a solicitude de admisión e consultar o estado de tramitación da solicitude. É preciso dispoñer da Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
    • Cubrir a solicitude informáticamente, gravala e presentala asinada de xeito manual no centro: Na aplicación da Xunta ‘AdmisionAlumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Pode cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.
    • Imprimir e cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.
  • Para a entrega de solicitudes pedirase cita previa no email: ceip.tabeaio@edu.xunta.gal. As franxas horarias de entrega de solicitudes serán nos seguintes horarios: luns a venres de 14:05-14:20 horas, ou luns de 16:00-17:00 horas.
  • Se alguén solicita varios centros a solicitude debe entregala no centro que figura en 1º lugar.
  • Só se pode presentar unha única solicitude no centro que solicite en primeiro lugar, a presentación de máis dunha solicitude en varios centros determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro e presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • O prazo para presentar solicitudes de admisión é do 1 ao 22 de marzo. A documentación a presentar será o DNI ou pasaporte do neno/a onde figure a súa idade, ou no seu defecto o libro de familia, ou unha fotocopia cotexada destes, e o certificado de empadronamento.
  • No caso de que houbese máis solicitudes que vacantes, ábrese un prazo ata o 15 de abril, para a presentación da documentación xustificativa dos criterios do baremo.
  • A relación provisional do alumnado admitido e non admitido publicarase no taboleiro de anuncios do centro, antes do 25 de abril. Poderase formular reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación da listaxe.
  • A relación definitiva do alumnado admitido e non admitido publicarase no taboleiro de anuncios do centro, antes do 15 de maio. Contra a relación definitiva de admitidos poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a publicación.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:

  • Todo o alumnado admitido para o próximo curso próximo, 2021-2022, debe formalizar a súa matricula cubrindo o impreso que se facilitará na web do centro, do 20 ao 30 de xuño.
AdxuntoTamaño
Instruccions Admision CEIP Tabeaio 2021-22.pdf124.47 KB