De acordo co establecido na ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 que desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B) e da ORDE da Consellería do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, e modificada pola ORDE do 25 de xaneiro de 2017.
RESERVA DE PRAZA:
Prazo destinado para o alumnado de 2º de Primaria que no vindeiro curso desexa continuar Primara no centro de adscrición (CEIP Vicente Otero Valcárcel).
O prazo de solicitudes vai do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado. Poden presentar a solicitude de admisión de forma electrónica dende o seu ordenador con SEDE ELECTRÓNICA ou CHAVE365. Tamén poden consultar o estado de tramitación da súa solicitude.
Pode cubrir a solicitude en línea e despois imprimila: SOLICITUDE ED550A
En caso de precisalo o CEIP de Tabeaio pode facilitar un modelo de reserva de praza. Poden descargalo en SOLICITUDE ED550A na parte de abaixo da páxina.
O alumnado de 2º de Primaria que ten reserva de praza nun centro (CEIP Vicente Otero Valcárcel), se presenta a solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar á renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión que será do 1 ao 20 de marzo.
O alumnado de 2º de Primaria curso deste entro que, de acordo co dito anteriormente, non faga no prazo establecido a reserva de praza para o citado colexio, deberá participar no proceso xeral de admisión como se fose alumnado novo, debendo presentar cumprimentado no CEIP da súa preferencia, do 1 ao 20 de marzo, o documento que se publica como anexo II da citada Orde do 12 de marzo, modelo de impreso que se pode retirar na conserxería deste Centro a partires de marzo ou na web da Consellería.
Máis info en:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ED550A-G_2021_2022.pdf | 1.33 MB |