Recollida ou entrega de material: martes 9 e mércores 10 de xuño

O vindeiro martes 9 de xuño e mércores 10 de xuño de 10h a 13:30h as familias interesadas poderedes acudir ao centro educativo a recoller material das aulas: traballos rematados, mandilóns, mudas, mochilas... ou entrega de libros da biblioteca que tiverades en préstamo antes do confinamento.

Para acceder ao centro é recomendable, segundo as directrices que marca a Consellería de Educación, facelo de xeito individual, con máscara e mantendo a distancia social de 2 metros co resto das persoas.