ADMISIÓN 2020/2021: Reapertura do prazo de admisión de alumnado

No DOG do 6 de maio publícase o 'Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado para o curso 2020/2021'.

Para a realización e seguimento deste acordo o centro informa do seguinte:

  • O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio (ambos inclusive), en horario de 10:30h a 13:30h no centro educativo ou de forma telemática en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

     Recordamos a documentación a presentar xunto coa solicitude:

    • Libro de familia ou DNI do alumno/a.

    • Certificado de empadronamento e demáis documentación que quere aportar ao baremo. Na solicitude telemática revisar que ven cuberta a folla do autobaremo e que todos os membros da unidade familiar consinten na cosulta telemática dos datos.

    • En caso de haber unha separación dos proxenitores, haberá que presentar a sentencia de divorcio e a solicitude terá que estar firmada polo pai e a nai.

    • Informe de alumno con NEAE, se fose o caso.

 

  • A presentación de documentación acreditativa do baremo será ata o 26 de maio. (Recoméndase entregala xa no prazo de solicitudes do 11 ao 18 de maio). 

  • A publicación de listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido será antes do 8 de xuño. 

  • Reclamacións do 9 ao 11 de xuño en horario de 10 a 13h no colexio.

  • Publicación das listaxes definitivas antes do 26 de xuño.

  • Formalización da matrícula no centro: do 1 ao 10 de xullo.

 

Para dúbidas ou consultas poden enviar un correo electrónico a ceip.tabeaio@edu.xunta.gal ou chamar ao centro educativo o 981670396.