blogue delaura

Eleccións ao Consello Escolar 2024-2025

Estimadas familias,

 

no DOG do 18/09/2024, publicouse a Resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

O Consello Escolar é un órgano de goberno do Colexio no que participan os distintos membros da Comunidade Educativa: pais, nai e titores/as legais dos mesmos, docentes, persoal non docente e Concello.

 

Para organizar e supervisar este proceso electoral ten que constituírse unha Xunta Electoral, que estará integrada pola mestra responsable do centro (Laura), unha mestra e un representante dos pais e nais de alumnos/as, este último designado por sorteo público.

 

Xornada de portas abertas

O luns 26 de febreiro de 16:30 a 17:30 horas terá lugar unha Xornada de Portas Abertas para quen queira vir coñecer o noso centro.

 

Pregámosvos que confirmedes asistencia a través do noso enderezo electrónico: ceip.tabeaio@edu.xunta.gal

 

Clicade aquí para ver o cartel en grande

Distribuir contido