Ola familias!
Este pasado luns aprobamos no Consello Escolar a Programación Xeral Anual (PXA) para o curso 2020-2021.
Se queredes botarlle un ollo premede na imaxe.
Unha aperta!
Ola familias!
Seguro que tedes algunhas dúbidas e preguntas sobre o deseño e as adaptacións a este curso tan singular. No 'Protocolo de Adaptación ao contexto COVID-19 do CEIP de Tabeaio' atoparedes moitas das respostas. Tamén tede en conta que será un documento actualizable según as circunstancias que vaian xurdindo. Imos pola versión 4.0. Trátase dun documento baseado en instruccións da Consellería de Sanidade e Educación. Podedes ver o documento premendo AQUÍ. Se queredes ver o derradeiro protocolo oficial da Consellería de Educación podedes premer AQUI.
Unha aperta!
Ola familias!
Tedes adxunto abaixo o 'Programa de Acollida' aprobado esta mañá no Consello Escolar. Inclue todalas medidas que vai adoptar o centro para a súa reapertura por mor dos efectos da Covid-19: Organización e horario de accesos, reunión coas familia; actuación relativas a prevención, hixiene e protección; medidas para a mellora da competencia dixital e emocional dos nenos.
Calqueira dúbida ou consulta recordade que tedes o correo electrónico do centro: ceip.tabeaio@edu.xunta.gal
Moito ánimo!
Ola familias!
Tedes abaixo nun adxunto a circular de principio de curso con algunha das novidades nas normas, organización e horario de entradas e saídas ao centro escolar.
Unha aperta!
Ola familias!
Achégase o listado de material para as aulas de Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2020/2021. Podédelo descargar nos adxuntos.
A entrega do material realizarase, para evitar aglomeracións un día de escola, o mércores 9 de setembro de 10 a 14h. Deberá vir todo nunha bolsa co nome do neno/a.
Moito ánimo e unha aperta!
Ola familias!
Hoxe é o derradeiro día de escola deste curso 2019/2020, tan accidentado pola COVID-19. Xa tedes a vosa disposición na aplicación abalarMóbil as cualificación finais dos nenos.
Sen festa de fin de curso, sen despedida para os rapaces/as de 2º de Primaria... deixámosvos este vídeo resumo con algunhas das cousas que fixemos este ano. Bo verán para todos! Vémonos en setembro!
A continuación detállase a DOCUMENTACIÓN NECESARIA para a formalización de la MATRÍCULA opara o alumnado de 3 ANOS ou de NOVA INCORPORACIÓN:
Impreso de formalización de matrícula onde se recolle tamén a manifestación expresa de que o pai/nai ou titor/a legal da vontade de que o alumno/a reciba ou non ensinanzas de relixión. Este impreso pode cubrilo no centro ou descargalo aqui, cubrilo e presentalo no centro.
Fotocopia da tarxeta sanitaria.
Informe médico ou fotocopia do calendario das vacinas correspondentes por idade.
Publícase a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2020/2021.
Para acceder á mesma, prema na imaxe.
Ola familias!! Derradeira semana de traballo. Aquí tedes a proposta de tarefas, xa moi mermada en contidos e actividades. Tamén é preciso que os nenos vaian facendo a súa 'desescalada'.
Moito ánimo! Apertas! Felices vacacións! Vémonos na escola!
Ola familias! Tedes no adxunto as instruccións e actividades para o traballo na área de Inglés en Educación Primaria para esta semana. Apertas!