Skip to Content

Novas

O SAMAÍN NO NOSO COLE

CHEGA O SAMAÍN

É TEMPO DE SAMAÍN

 

Co 31 de outubro chega o aninovo celta e con el a transición do verán cara o inverno. Esta data está moi relacionada co mundo dos mortos. Os celtas crían que esa noite se abría unha porta e o mundo dos vivos quedaba en comunicación do mundo dos mortos, polo menos, durante unhas horas. Dita tradición calou fondo na nosa cultura.

Proseguindo o seu legado, convidámosvos a manter a actividade que vimos facendo para conmemorar esta festa nosa:

1. Escolle unha cabaza ou un nabo dun tamaño manexable e facilmente transportable (preferentemente nunha bolsa na que poidas traela e levala de volta para a casa).

2. Decora sen empregar para elo materiais que sexa preciso recuperar.

3. Tráenola ao cole o  LUNS 28  para facer a exposición. (Aquelas que presenten bo estado enviarémolas de volta para casa o MÉRCORES 30)

Na nosa páxina web tedes máis información que pode resultar de interese.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

EDLG

QUEN OÍU O CUCO?

 

Á PROCURA DO CUCO

Cuco común - SEO/BirdLife

Un ano máis dende o EDLG do cole andamos na busca do cuco. A actividade consiste na recollida do seu canto nun deses magníficos paseos que sabemos que facedes pola fermosa contorna natural que temos. Seredes quen de gravalo e incluso de sacarlle unha foto? Si é así, animámosvos a enviar a seguinte información á dirección de correo que vos achegamos:

  • Nome da alumna ou alumno

  • Lugar no que o escoitei (barrio, aldea e parroquia)

  • Data e hora na que o escoitei.

  • Audio, pequena gravación e/ou foto.

Dirección de correo: edlgsoutodonas@gmail.com

Tamén podedes empregar o formulario que atoparedes na seguinte ligazón (podedes acceder a ela desde a web do centro):

https://forms.gle/VDtedQPB1LB88Aoz7

Logo de recollida a información, identificaremos o lugar nun mapa do concello de Gondomar, con todas as súas parroquias, situado nas escaleiras interiores do centro.

 

 

 

 

 

Día de Rosalía de Castro

O 23 de febreiro é o día de Rosalía de Castro,a nosa poeta máis universal e figura senlleira da nosa lingua. 

O noso cole uniuse a esta conmemoración coa elaboración dun poema adicado á nosa ilustre poetisa e que fai referencia ao amor que sentía polo mar. 

Velaquí tendes unha mostra do traballo que levamos a cabo.

 

 

 

GRAZAS POLO VOSO TRABALLO

 

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS

Hoxe celebramos o día da Candeloria.A orixe da celebración habería que buscala nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza.

O feito de que xa se vexan os primeiros xermolos-non anda lonxe a primavera-, fai que a data Candeloria adquire outro simbolismo:acostuma dicirse que é o tempo no que casan os paxariños:" Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar , metade do inverno está por pasar".

O Apalpador visita o noso centro

Para rematar este trimestre, chegou ao noso cole O Apalpador e dúas axudantes, dándonos unha marabillosa sorpresa chea de maxia e ilusión ademais de traernos unha chea de xogos que repartiron en todas as aulas.

Moitas grazas á ANPA do noso cole por facer posible que a maxia do Nadal chegase ao centro.

Tamén queremos darvos as grazas pola gran chocolatada preparada pola ANPA e os riquísimos doces que aportaron as familias. 

Amosamos unha pequena testemuña do acontecido, desexando que teñades unhas marabillosas festas. 

 

25 N.

Xa sabedes que o día 25 de novembro é o día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Tal e como recolle a Organización das Nacións Unidas a violencia contra as mulleres e as nenas segue sendo unha das violacións dos dereitos humanos máis extendidas e xeneralizadas do mundo. Calculase que, a nivel global, 736 millóns de mulleres -case unha de cada tres- foron víctimas de violencia física e/ou sexual alomenos unha vez na súa vida.

Xa que logo, temos moito por facer. Durante todo o curso desenvolvemos tarefas que pretenden concienciar sobre esta e outras temáticas e estes días tivemos a visita de Julia, que pertence a asociación ACADAR. Un grupo de mulleres con inquietudes e desexos comúns de alcanzar a igualdade efectiva de oportunidades das mulleres con discapacidade de Galicia que levan traballando dende 2009. Moitas grazas pola túa visita e polas importantes ensinanzas que nos transmitiche.

Asemade, no cole levamos a cabo unha serie de dinámicas entre as que se atopan estas que a continuación expoñemos.

Na seguinte ligazón podedes ver un vídeo no que contamos o conto "Vivan as uñas de cores".

Tamén vos ofrecemos un traballo feito en Genially para que poidades traballar cuestións relativas a diferenza de sexo e de xénero.

Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración.

 

 

SAMAÍN 2023

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que foi a festividade do Samaín no noso centro. Agardamos que desfrutedes dela tanto ou máis do que gozamos nós realizando esta experiencia.

Premede na imaxe para poder ver o vídeo.

 

 

 

 

MONSTROS MARIÑOS

"Nos vastos e misteriosos océanos existe un mundo cheo de segredos, tesouros e marabillas por descubrir. Dende tempos inmemoriais os mares foron fogar de innumerables lendas e misterios que intrigaron a mariñeiros e aventureiros..." 

Velaquí un pequeno fragmento da carta que chegou ás nosas aulas a través dunha pirata. Un escrito que solicitaba a axuda a todo o alumnado para poder facerse co maior número posible de historias e debuxos monstruosos e lograr que o segredo das profundidades do mar non caian no esquecemento e sexan transmitidas de xeración en xeración. 

Para poder ver todo o noso traballo, preme no seguinte enlace "Amar o mar".

Ademais, tamén vos deixamos un pequeno vídeo que serviu de inspiración para as nosas creacións.

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut