Skip to Content

Orientación

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO NEAE CURSO 2024-2025.

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECIFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2024-2025.

 

Enlace para cubrir a solicitude na páxina web da sede electrónica do Ministerio de Educación.

BECA

A TER EN CONTA:

1.- Na FOLLA 1 para autorizar á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e facilitar os datos económicos ás administracións educativas .

2.- No apartado A CUMPRIMENTAR POR TODOS/AS OS/AS SOLICITANTES por parte do pai/nai/titor, e, no seu caso, o resto de membros maiores de idade da unidade familiar. (Todos teñen que asinar)

Nota: (Considéranse membros da unidade familiar: o solicitante, os pais ou titores, os irmáns solteiros que vivan no domicilio familiar, ou de calquera idade cando sexan discapacitados, e os ascendentes dos pais do solicitante que vivan no domicilio familiar)

Lembrar que de acordo coas bases da convocatoria a falta de sinaturas nestas dúas páxinas será causa de denegación da bolsa ou axuda.

Presentarase tamén documentación acreditativa do certificado de discapacidade igual ou superior ao 25%.

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR:

 

- Copia dos datos identificativos da conta bancaria (código conta cliente). O solicitante (alumno) deberá figurar obrigatoriamente entre os titulares ou cotitulares da conta.

    • Copia dos xustificantes das situacións que declare o solicitante no apartado H: familia numerosa, discapacidade do solicitante ou de algún irmán, etc.

    • Informe do Gabinete onde vai a empregar a axuda o solicitante.

 

IMPORTANTE:

 

O prazo das familias, para presentar as solicitudes no centro escolar, iniciase o 30 de abril e remata o 13 de setembro de 2024.

O alumnado con BECA que marchen do centro o IES adscrito terá que solicitala no IES.

Se tedes algunha dúbida ou precisades algunha aclaración poñédevos en contacto co centro.

 

 

Baixo o mesmo paraugas

O día 3 de decembro celebramos o Día Internacional da Discapacidade un día no que buscamos visibilizar a todo un colectivo de persoas diversas e plurais co fin de que todas as persoas poidan contar cos mesmos dereitos e ilusións.

 

Vídeo "Baixo o mesmo paraugas"

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NEAE

 

         

Documentación para solicitar AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECIFICA DE APOIO EDUCATIVO  PARA O CURSO 2020-2021 (becas de Educación Especial).

 

 

A TER EN CONTA:

 

1.- Na FOLLA 1 para autorizar á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) a facilitar os datos económicos ás administracións educativas .

 

2.- No apartado A CUMPRIMENTAR POR TODOS/AS OS/AS SOLICITANTES por parte do pai/nai/titor, e, no seu caso, o resto de membros maiores de idade da unidade familiar. (Todos teñen que asinar)

 

Nota: (Considéranse membros da unidade familiar: o solicitante, os pais ou titores, os irmáns solteiros que vivan no domicilio familiar, ou de calquera idade cando sexan discapacitados, e os ascendentes dos pais do solicitante que vivan no domicilio familiar)

 

Lembrar que de acordo coas bases da convocatoria a falta de sinaturas nestas dúas páxinas será causa de denegación da bolsa ou axuda.

 

Presentarase tamén documentación acreditativa do certificado de discapacidade.

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR:

 

  • A solicitude, que se cubrirá na páxina web da sede electrónica do Ministerio de Educación.
  • Copia dos datos identificativos da  conta bancaria (código conta cliente). O solicitante (alumno)  deberá figurar obrigatoriamente entre os titulares ou cotitulares da conta.
  • Copia do DNI ou no seu caso número de identificación de estranxeiro (NIE) de todos os membros da unidade familiar maiores de 14 anos 
  • Copia dos xustificantes das situacións que declare o solicitante no apartado H: familia numerosa, minusvalía do solicitante ou de algún irmán, etc.
  • Informe do Gabinete onde vai a empregar a axuda o solicitante.

MOI IMPORTANTE:

 

 O prazo para presentar as solicitudes no centro escolar remata o 30 de Setembro.  

 

            Se tendes algunha dúbida ou precisades algunha aclaración póndevos en contacto comigo.

 

       Un saúdo.

 

                                                                                  Donas, 8 de Setembro de 2020.

 

                                                                                             O orientador

 

 

 

Enlace onde podedes atopar toda a documentación:http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html#ds1

 

ADAPTACIÓN AO COLEXIO.

Os vosos fillos e fillas iniciarán a escolarización no noso centro no mes de setembro.

 

É posible que tanto os nenos e nenas coma vós mesmos, sintades certa ansiedade, temor,… ao supor un cambio moi importante.

Para  propiciar unha  boa  adaptación  ao  colexio  deixámosvos  este  folleto  con  orientacións  para  as  familias  e  tamén  o  conto  "IMOS  AO  COLE"  para  que  leades  e  miredes  cos  nenos  e  nenas.

 

 

 

 

DE PRIMARIA A SECUNDARIA

ALUMNADO  E  FAMILIAS  DE  6º  DE  E.  PRIMARIA

VIDES  DE  REMATAR  UNHA  ETAPA.

EN  NADA  INICIADES  A  VOSA  ANDAINA  NO  INSTITUTO  PARA  CURSAR  A  E.S.O.

É  BO  QUE  ANTES  DE  EMPEZAR  COÑEZADES  ALGUNHAS  CARACTERÍSTICAS  DA  E.S.O.  E  DO  IES  TERRA  DE  TURONIO.

CLILADE  NA  IMAXE  PARA  MIRAR  A  PRESENTACIÓN  COA  INFORMACIÓN.

 

 

TAMÉN  PODEDES  COÑECER  MÁIS  SOBRE  O  IES  TERRA  DE  TURONIO  MIRANDO  O  SEU  VIDEO  PROMOCIONAL

CLICADE  NA  IMAXE

DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR.

O 2 de maio conmemórase o Día Internacional contra o Bullying ou  Acoso Escolar.  O obxectivo é promover campañas de concienciación sobre este terrible problema que afecta a rapaces e rapazas en todo o mundo,  e tentar eliminalo das nosas aulas e da sociedade.

 

 ESTES VIDEOS  AXUDARANVOS  A  VISIBILIZAR  O ACOSO  ESCOLAR.

 

(ESTÁN  ORDEADOS, O 1º É  PARA NEN@S MÁIS  PEQUEN@S, O ÚLTIMO  PARA @S  MAIORES)

 

 

 

 

 

 ESCOITADE  E  CANTADE  A  CANCIÓN  DE  "EL  LANGUI"  "SE  BUSCAN  VALIENTES"  

E  CONVERTÍDEVOS  EN  AUTÉNTICOS  VALENTES  CONTRA  O  ACOSO  ESCOLAR.

 

 

 

 

RUTINAS ESCOLARES NA CASA.

Agora que xa comezou o terceiro e último trimestre deste curso é importante revisar como nos organizamos para as actividades que nos propón o profesorado desde a distancia polo confinamento.

 

CLICADE NA IMAXE PARA ACCEDER AS  ORIENTACIÓNS

 

 

DÍA DO AUTISMO- OS MOLINETES DE DONAS

VELAQUÍ  OS  MOLINETES  DE  DONAS  PARA  CONMEMORAR O 

DÍA  MUNDIAL  DO  AUTISMO.

 

GRAZAS  A  TOD@S.

   

 

2 de abril- DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

PROPOSTA  PARA  CONMEMORAR  ESTA  DATA

 

 

FACEDE  UNHA  FOTO  CO  VOSO  MOLINETE  E  MANDÁDEA A 

orientadora.donas@gmail.com

 

A CONVIVENCIA FAMILIAR DURANTE A CRISE DO CORONAVIRUS

O ter que estar na casa durante moitos días, provoca problemas de convivencia dentro da familia, en moitas ocasións, e tamén malestar psicolóxico.

Cómpre, entre todos e todas, gañar esta batalla tan complicada que se chama convivencia.

Dende aulasgalegas.org facilítannos os seguintes consellos para pasar este tempo o mellor posible, sen que a convivencia familiar se resinta, senón que poida saír fortalecida, o mesmo que nós mesmos. 

 

CLICA  PARA  ACCEDER  AS  RECOMENDACIÓNS.

Distribuir contido


by Dr. Radut