Xa temos data para o cross en horario escolar.
Será para o alumnado de 2º a 6º de EP.
Farase na Praia da Ladeira o martes 14 de novembro.
Dèixovos os horarios aproximados:
Resultados. Realizarase unha clasificación individual segundo a orde de entrada en meta e outra por equipos en cada unha das categorías. Para a clasificación por equipos terase en conta os/as catro primeiros/as atletas que cheguen á meta de cada entidade (catro homes e catro mulleres), e sumaranse os postos destes catro, sendo a entidade que menos sume (tendo en conta os resultados masculinos e femininos) a vencedora da proba. En caso de empate resultará vencedor o equipo que teña o mellor posto individual. Os equipos corresponderanse co grupo/aula do centro educativo.
Premios. Entregaranse medallas ao rematar cada carreira aos 3 primeiros/as clasificados/as individuais de cada categoría e diplomas para os/as clasificados/as do 4o ao 8o posto.
O máis importante é participar e divertirse. Este tipo de probas hai que tomalas como un reto persoal, que nos leva en ocasións a momentos incómodos de fatiga e cansancio. Si somos capaces de vencer, fainos máis fortes a nivel físico e mental.