Durente este trimestre, en todos os cursos de Primaria, traballaremos en grupos nos que teremos que por en marcha a imaxinación e o chegar a acordos, xa que o profe nos dará un material e nós teremos que inventarnos algún exercicio ou xogo utilizando ese material.
Aquí van algúns exemplos:
Aproveitando o proxecto deste curso, usaremos os envases das botellas de plástico e as pelotas de tenis para inventarnos algo ao que se poda xogar.
Con scooters e unha pelota xigante. Creo que se nos poden ocurrir moitas cousas.
Con este material debemos argallar un circuito para traballar distintas habilidades.
Profe, esto está chupado.
Aquí temos: pivotes, unha goma e zancos. Pois a pensar!
Bueno, xa podemos ver dúas fotos dos compas de 1º que argallaron dous xogos divertidos co material que o profe lles dera.
Trataremos de investigar sobre algunhas cuestións como:
- O que pasa cos latexos do noso corazón cando facemos exercicio. Teremos que experimentar para chegar a conclusións.
-
- Cando golpeamos ou lanzamos diferentes pelotas das que temos na nosa cesta máis ou menos coa mesma forza, observamos que non todas acadan a mesma distancia. Por qué será?