Skip to Content

Informacións do concello

CHARLA OMIX

Dende a Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar  queremos presentar a iniciativa " Outubro Saúde Mental na MOcidade".

Levamos tres anos con este programa no que  queremos por en valor a importancia do coidado e a atención da saúde mental na Mocidade:
Coñecer, Escoitar, Observar e Compartir sobre saúde mental na Mocidade.
As nosas prioridades son que mocidade e familias COÑEZAN información e evidencias sobre saúde mental. Estean alerta e saiban OBSERVAR os sinais que nos envía a mocidade que sofre malestar emocional. ESCOITAR falar sobre saúde mental fai que deixen de ser doenzas invisíbeis  e que se esnaquicen tabús e estigmas. COMPARTIR coas familias e a mocidade os distintos recursos que teñen o seu alcance é fundamental para poder actuar. 
As datas serán: 
 
18 outubro:   Panacea un recurso  de intervención comunitaria para as familias e adolescentes que presenten algunha problemática de saúde mental relacionada coas adiccións. 
 
25 outubro: A soidade NON desexada na mocidade.  Un mal invisible que afecta á mocidade.
 
26 outubro: Un paraugas baixo a choiva.  A familia como refuxio para o TDAH
 
Achegamos información das tres iniciativas.
 
Un saúdo. 

Escolas deportivas Concello

Dende a Concellaría de Deportes do Concello de Gondomar, informan das Escolas Deportivas Municipais.

 

Información no seguinte enlace:

 

 https://concellodegondomar.gal/escolas-deportivas-municipais/

Distribuir contido


by Dr. Radut