Para que pasedes unhas vacacións xeniais e moi lectoras, deixámosvos as recomendacións que fixemos para todas/os vós: para pequenos, non tan pequenos, medianos, os maiores do cole, para adultos, en inglés, de música. Felices festas!!
E noraboa ás/os gañadores das ilustracións para o boletín!
ÁS VECES, DUN PEQUENO DETALLE, APARECE UNHA GRAN IDEA. OU O QUE É O MESMO, DUN LIBRO, APARECE UNHA GRAN IDEA. ISTO FOI O QUE PASOU CO CONTO "EL JARDÍN CURIOSO" DE PETER BROWN. CAEU NAS NOSAS MANS, PENSAMOS NO PROXECTO DESTE CURSO E DECIDIMOS ENCHER DE PLANTAS E NOVOS XARDINEIROS O CEIP SOUTO DONAS.
PARA ISO, OS NENOS E NENAS DE INFANTIL E 1º CICLO, TIVERON UNHA IDEA: REGALARLLE UNHA PLANTA A CADA CURSO PARA QUE AS COIDEN. XUNTO COA PLANTA UNHA NOTA ONDE EXPLICAN E VOS LEVAN A ESTE CONTO.
PODEDES VER AQUÍ A NOTA QUE ACOMPAÑA A CADA PLANTA E O VÍDEO DE "EL JARDÍN CURIOSO" E CANDO O QUEIRADES LEVAR, RECORDADE QUE O TEMOS NA NOSA BIBLIOTECA
GRAZAS XARDINEIROS/AS!!!
E AQUÍ O CONTO
TAMÉN VOS DEIXAMOS AS INSTRUCCIÓNS PARA FACER UNHA MACETA DE AUTORREGO PORQUE NO VERÁN VAN PRECISAR AUGA AS NOSAS PLANTAS!
OUTRO LIBRO DA NOSA BIBLIOTECA QUE SEGURO VOS INTERESA E VOS FAI PENSAR EN MOITAS ACCIÓNS DO DÍA A DÍA, "PAREMOS LA INVASIÓN. QUE EL PLÁSTICO NO NOS DOMINE"