Skip to Content

Letras Galegas

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS NO NOSO COLEXIO

Este ano 2024 dedícase o Día das Letras Galegas a Luísa Villalta. No CEIP Souto Donas tamén lle quixemos facer unha pequena homenaxe e celebramos a Semana das Letras Galegas con diversas actividades:

  • Inauguramos a Semana das Letras co actividade " Tinta de mar. Pequena biografía de Luísa Villalta", da man de Polo Correo do Vento. Kike fíxonos un percorrido pola vida e obra de Luísa, mentres que a súa compañeira e ilustradora Tania a ía debuxando. Posteriormente, todos os nenos e nenas fixeron un obradoiro de ilustración con Tania, no que debuxaron a caricatura de Luísa Villalta.
  • Concurso " O teu mellor deseño das Letras Galegas", no que participou o alumnado de Infantil e Primaria. Fixeron uns fermosos debuxos, con moitísima creatividade e orixinalidade, poñéndonolo moi difícil para elixir os mellores de cada Ciclo. En hora boa a tod@s!! Temos grandes artistas no cole!!                                                                                          Finalmente, co deseño do gañador, elaboramos unhas chapas que repartimos a todo o alumnado e profesorado para conmemorar o Día das Letras.
  • Mural "Un mar de palabras". Os nenos e nenas de Primaria elixiron a súa palabra favorita en galego e escribírona nas ondas dun mar pintado polo alumnado de 2ºA.
  • Retrato " Eu son Luisa Villalta". Todo o alumnado de Infantil participou nesta actividade, debuxando á homenaxeada con distintas técnicas.
  • "Os nosos homenaxeados" : fíxose unha exposición de imaxes no recanto da nosa rede mariñeira con todos os rostros dos homenaxeados das Letras Galegas, facendo un percorrido dende 1963 ata chegar a 2024, con Luísa Villalta.
  • Recanto A nosa Luísa Villalta: unha exposición da vida e obra desta escritora e violinista na entrada do noso centro. Encabezou a exposición unha enorme  collage co rostro de Luísa Villalta elaborada polo alumnado de Infantil.
  • Rematamos a Semana das Letras coa entrega de agasallos ós participantes de " Oín o cuco" e os gañadores do concurso " O teu mellor deseño das Letras Galegas". Ademais, o EDLG fixo entrega a alumn@s e profesores das chapas elaboradas coa impresión da fermosísima ilustración dun alumno de 6º para conmemorar este día tan especial. Para finalizar o acto, alumn@s de 6º A e 6ºB  recitaron versos de Luísa Villalta.

A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta

O pleno da Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), cadrando co vixésimo aniversario do seu pasamento. Na mesma sesión foron elixidos membros correspondentes da institución Bieito Silva, Montse Pena Presas e Diego Rodríguez. Creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros 90, o 17 de maio de Luísa Villata será unha ocasión excepcional par reivindicala en toda a súa amplitude como a intelectual que foi. A autora coruñesa foi unha escritora para facernos pensar o mundo contemporáneo, a través dunha obra marcada polo pensamento apaixonado, a procura do rigor e tamén a exploración estilística. O cruzamento entre a poesía e a música é outro dos trazos definitorios dunha autora recoñecida sobre todo como poeta, pero que tamén cultivou con talento o teatro, a narrativa de ficción, o ensaio, o articulismo e a tradución.

LETRAS GALEGAS 2023

Este ano conmemoramos o 60 aniversario. O homenaxeado non pode ser máis acaído xa que se trata duns dos impulsores desta celebración Don Francisco Fernández del Riego. Entre as actividades que levamos a cabo tivemos a sorte de poder contar con Bieito Lobariñas e Luis o Caruncho que nos ofreceron un espectáculo magnífico con regueifas e cantos. 

Aquí vos deixamos un resumo que agardemos que desfrutedes tanto coma nós.

 

 

FRANCISCO FERNANDEZ DEL RIEGO

Escritor e editor incansable, un dos fundadores de Galaxia, presidente e renovador da Real Academia Galega e impulsor do Día das Letras Galegas, foi sempre un home ponte entre xeracións, ideoloxías e entre a Galicia de aquén e de alén mar.

Neste espazo imos por ligazón a distintos lugares onde podemos atopar información sobre a figura do homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

 PORTAL DA LINGUA GALEGA.

 

 

 

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. O CAMIÑO ANDADO DAS LETRAS.

 

 

 

 RAG. PRIMAVERA DAS LETRAS.

 

 

 

 RAG. PRIMAVERA DAS LETRAS.

 

A Real Academia Galega comezou a emisión de Francisco

Fernández del Riego, o que nunca se rendeu, unha serie web

documental de seis episodios que percorre a biografía do autor

ao que lle dedica do Día das Letras Galegas 2023.

 

 

A RAG dedicaralle o Día das Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego

A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 – Vigo, 2010). O pleno da institución, reunido hoxe en sesión ordinaria, acordou homenaxealo o vindeiro 17 de maio, cadrando coa celebración do sesenta aniversario do primeiro Día das Letras Galegas, do que foi inspirador, e os cento dez anos do seu nacemento. Membro da nova xeración de intelectuais que lle deron continuidade ao ideario do Grupo Nós, Francisco Fernández del Riego foi un loitador cultural incansable que chegou a se converter nunha auténtica institución do país, respectado por todos e aberto ás diversas manifestacións do galeguismo. Foi unha das figuras centrais do galeguismo progresista e clave da resistencia no exilio interior durante o franquismo, cunha traxectoria polifacética e prolífica que abrangueu dende a política, a creación e crítica literaria á edición. A comezos dos anos 50 foi un dos fundadores da Editorial Galaxia, empresa que desempeñou un papel central na resistencia cultural de Galicia durante o franquismo, e na última etapa da vida presidiu a Real Academia Galega (1997-2001).

LETRAS GALEGAS 2022

Co gallo da conmemoración do Día da Letras Galegas no centro fixemos un traballiño coa poesía de Florencio Delgado Gurriarán. Consistiu en ilustrar varias das súas poesías. Logo montamos esta presentación. Agardamos que sexa do voso agrado.

 

FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN

 

Creamos este espazo para axudarche a coñecer un pouco máis a figura de Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Atoparás información sobre a súa vida e obra da man de asociacións e entidades como Valdeorras Infinda vinculada á comarca de Valdeorras de onde era orixinario Florencio así como aqueloutras entidades que están a divulgar a súa figura. Tamén poderás visualizar algúns traballos elaborados por distintos centros educativos que pretenden divulgar a figura do homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2022.

Agardamos que sexan do voso agrado.

 

Real Academia Galega. Primavera das Letras.

A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas 2022 ao escritor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. A súa foi unha vida chea de atrancos, pero tamén de alegrías e amor pola lingua e cultura galegas. Descúbrea da man da escritora Ledicia Costas e da ilustradora Blanca Millán.

 

 

Seminario Galán.

Na páxina web do Seminario poderedes atopar actividades interactivas, en formato genially sobre o autor homenaxeado este ano, Florencio M. Delgado Gurriarán, así como actividades en pdf, carteis e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía, escolma de textos, fotos e actividades para infantil en lingua de signos, vídeos da biografía, canción sobre o poema "Pandeirada", cronoloxía, marcapáxinas...

 

 

 

O Portal da Lingua Galega.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) acaba de abrir un novo espazo dedicado a Florencio Manuel Delgado Gurriarán, o escritor que será homenaxeado o 17 de maio.

 

Prolingua | Orzamentos de fomento da redución da lingua galega

 

Polos Vieiros de Florencio.

A RAG ofrécenos esta serie de micropezas audiovisuais onde distintas voces profundan na figura e na obra de Florencio Delgado Gurriarán, o autor ao que a institución lle dedica o Día das Letras Galegas 2022.

 

 

A RAG crea unha sección con información sobre a biografía, obra e novas de Florencio Delgado Gurriarán.

Bota a andar a sección da Real Academia Galega que leva por título Letras Galegas 2022 coa biografía do protagonista do vindeiro 17 de maio, Florencio Delgado Gurriarán, a cargo de Ricardo Gurriarán. O historiador traza nesta liñas o retrato de quen foi unha "figura integradora e unitaria dentro do corpo activo do exilio, sen perder a identidade galeguista". Un "poeta moderno, bailón, 'musiqueiro', cantador de tangos, fados, milongas, rancheiras, repeniqueador, namoreiro..." e, sobre todo, home "sensible e agradecido" cuxo legado celebraremos ao longo dos vindeiros meses.

 

 

As letras de Florencio Delgado.

O proxecto As letras de Florencio que se convertiu nunha fundación ofrécenos unha manchea de ferramentas para achegarnos a un coñecemento preciso da figura do persoeiro homenaxeado neste ano.

logo-dark

 

Consello da Cultura Galega.

Dende o Consello da Cultura Galega nos ofrecen información biográfica así como un arquivo do programa Poetas de Galicia, de 1968, que inclúe unha entrevista ao autor e unha análise da súa obra. Se queres escoitar a voz de Florencio non tes máis que premer na imaxe.

Consello da Cultura Galega

 

Autoxenreira. Vídeoclip baseado nun poema de Florencio Delgado Gurriarán.

As amigas e amigos do CEIP Carballal de Marín elaboraron este fermoso videoclip baseado nun poema de Florencio. Non deixedes de velo, é un traballo fantástico.

 

 

Paco Campos recita a Florencio Delgado Gurriarán.

Os versos de Florencio Delgado Gurriarán na voz do actor valdeorrés Paco Campos. O recitado formou parte da palestra sobre o proxecto «As letras de Florencio» organizada na Coruña por Valdeorras Infinda en colaboración coa Asociación Cultural Alexandre Bóveda.

 

Florencio Delgado Gurriarán estará presente na sinalización do Camiño de Inverno.

Estea curso que o noso proxecto xira arredor do Camiño das Estrelas temos a nova que se están a facer puntos de información nos concellos polos que discorre o camiño de inverno para amosar ideas que definen a obra do escritor.

 

 

As Letras de Florencio.

No 2017 Valdeorras retoma a posta en valor de Florencio Delgado Gurriarán con xornadas, iniciativas audiovisuais, educativas e gastronómicas. Daquel momento é esta curtametraxe documental coa colaboración de moitas das persoas que neste ano de Florencio terán de novo moito que aportar.
Coa música e interpretación de Anxo Rei sobre poemas de Florencio, aparecen no documental Víctor Freixanes, Lucio Santalla Quiroga, Camilo Valdehorras, Chus Delgado, Luis Manuel Gurriarán, Ricardo Gurriarán, Paco Campos, Josefa Álvarez e Xesús Alonso Montero.
 

Florencio Delgado Gurriarán, a vida dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista.

Ricardo Gurriarán fai un percorrido pola vida de Florencio Delgado Gurriarán dende o seu nacemento en Córgomo en 1903 ata o seu exilio a México en 1939. Introducido por Emilio Vega de Valdeorras Infinda, Ricardo Gurriarán é un dos maiores especialistas na figura do poeta, de quen era familia. É doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela e autor de numerosos –e premiados– estudos de investigaciónentre eles o publicado en 1999, por Ediciós do Castro: «Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista» que se reedita neste 2022.

 

As letras de Florencio. O éxito dun proxecto.

Débora Álvarez Moldes, coordinadora do proxecto pola posta en valor da obra do poeta Florencio Delgado Gurriarán, explica como se xestou o proxecto ata o ano 2021, cando se acada o recoñecemento do Día das Letras Galegas.

 

Uxío-Breogán Diéguez Cequiel —introducido nesta ocasión por Emilio Vega de Valdeorras Infinda— recolle nesta ponencia a traxectoria dos galeguistas exiliados a México, entre os que tivo moito protagonismo o valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán como codirector da revista Vieiros, entre outros proxectos.

 

PREMIO DA REAL ACADEMIA GALEGA AO NOSO TRABALLO SOBRE XELA ARIAS

Aquí vos deixamos unha montaxe na que recollemos todo a información xerada arredor da concesión do premio do Proxecto "Primavera das Letras 2021" organizado pola RAG ao noso traballo sobre Xela Arias.

 

 

Delgado Gurriarán será o homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2022

O poeta Florencio Delgado Gurriarán (Vilamartín de Valdeorras, 1903-Fair Oaks, EUA, 1987) será o homenaxeado co Día das Letras Galegas 2022. Así o decidiu o Plenario da Real Academia Galega reunido o 2 de xullo pasado, que elixía entre a candidatura do valdeorrés, de Fiz Vergara Vilariño (Samos, 1952-Lugo, 1997) e a conxunta de Ánxel Casal e de Federico García Lorca.

Florencio Delgado  Gurriarán

A nosa biografía de Xela Arias

 

XELA ARIAS CASTAÑO

 

Muller comprometida co idioma, cas mulleres, coa natureza, a ecoloxía e o

pacifismo; defensora das causas xustas. Defínese a sí mesma como

inconforme co mundo o que se reflexa na súa obra.

Autora dunha poesía transgresora, sincera e comprometida. Editora e

tradutora que verteu ao galego milleiros de páxinas de clásicos universais.

Por isto, Xela Arias é a persoa homenaxeada pola RAG este 17 de

maio do 2021 no Día das Letras Galegas.

Dende o cole queremos honrar a súa memoria e poñer en valor, como lle

corresponde, a súa persoa, para o que elaboramos un video biográfico no

que participa o alumnado do centro.

Agradecemos especialmente a Fran Alonso, director de Edicións Xerais

de Galicia, por achegarnos á figura de Xela Arias desde o seu

coñecemento e experiencia persoal.

Tamén agradecemos a xenerosidade de A Banda da Loba por permitirnos

empregar a súa música neste pequeno proxecto do cole. Se premedes aquí

podedes acceder a súa canle de YouTube.

Agardamos que o desfrutedes.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut