Skip to Content

Día da Paz

O NOSO SENDEIRO VERDE POLA PAZ.

Seguindo os pasos de WANGARI fixemos o noso

SENDEIRO  VERDE  POLA  PAZ.

 

 

DÍA DA PAZ 2020.

O 30 de xaneiro, coincidindo co aniversario da morte de Gandhi, conmemórase

O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.

 

 

Este curso adicamos esta data a Wangari Muta Maathai, Premio Nobel da Paz do ano 2004, polas contribucións ao desenvolvemento sostible, á democracia e á paz.

Foi a primeira muller africana que recibe este premio.

 

Para saber máis de WANGARI e a súa labor a prol da PAZ, deixamos estes materiais

interactivos:

 

 

 

 

 

 

 

CHARLA SOBRE "ACOSO ESCOLAR"

 

 

 

O alumnado de 5º e 6º aproveitou o Día da Paz para reflexionar sobre o acoso escolar cunha charla informativa impartida por dous efectivos do Cuartel da Garda Civil de Gondomar.

 

 

     A charla centrouse sobre todo na       importancia de contalo, de ser quen de dicir non e da responsabilidade de todos, e en especial dos compañeiros e compañeiras da vítima, para terminar con situacións deste tipo.

DÍA DA PAZ 2019.

Como xa sabedes o 30 de xaneiro é O DÍA DA PAZ.

Este curso aproveitamos esta data para reflexionar sobre o ACOSO ESCOLAR, centrándonos sobre todo na importancia de contalo, de ser quen de dicir non e da responsabilidade que temos tod@s, e en especial @s compañeiro@s para rematar con situacións deste tipo:

  • Apoiando a todos os nenos e nenas,

  • non mirando para outro lado,

  • axudando a crear un clima de respecto e tolerancia.

Estes contos serven para axudarnos a poñernos no lugar dos nenos e nenas que padecen situacións deste tipo.

 

  

No colexio, ademáis, temos tamén, na Biblioteca, estes outros libros sobre este tema:

                               

 

Distribuir contido


by Dr. Radut