É TEMPO DE SAMAÍN
Co 31 de outubro chega o aninovo celta e con el a transición do verán cara o inverno. Esta data está moi relacionada co mundo dos mortos. Os celtas crían que esa noite se abría unha porta e o mundo dos vivos quedaba en comunicación do mundo dos mortos, polo menos, durante unhas horas. Dita tradición calou fondo na nosa cultura.
Proseguindo o seu legado, convidámosvos a manter a actividade que vimos facendo para conmemorar esta festa nosa:
1. Escolle unha cabaza ou un nabo dun tamaño manexable e facilmente transportable (preferentemente nunha bolsa na que poidas traela e levala de volta para a casa).
2. Decora sen empregar para elo materiais que sexa preciso recuperar.
3. Tráenola ao cole o LUNS 28 para facer a exposición. (Aquelas que presenten bo estado enviarémolas de volta para casa o MÉRCORES 30)
Na nosa páxina web tedes máis información que pode resultar de interese.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
EDLG