Skip to Content

Proxecto 2019/20: PLANETA SAN.

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

DÍA  MUNDIAL 

DO 

MEDIO  AMBIENTE

 

 Hoxe é un día moi importante para nós e para o Planeta Terra.

Con estes carteis queremos aportar o noso gran de area

para conseguir que a Terra sexa... un

 

 PLANETA SAN!!!

   

O PLANETA E O CONFINAMENT0

Tod@s queremos ter o noso planeta moi san, verdade?

E, como ademáis de escoitar, nos encanta colaborar e investigar, aproveitamos o tempo de confinamento para saber máis. Soubemos que, durante este tempo en casa, se reducíu en moito máis da metade a contaminación a nivel mundial.

Tamén sabemos que temos que reducir, reutilizar e reciclar, pero, sabes cando empezou a contaminación? ou que, existen distintos tipos?

Aquí amosamos un pequeno traballo con datos moi interesantes, pero, se preguntas ós teus maiores ou consultas internet, poderás aprender outras moitas.

 

 

 

 

 

 

 

 

SABELA (1º) E FAMILIA

CADERNO VERDE.

 

Caderno Verde é un dos múltiples proxectos que dedica Sogama á divulgación da conciencia ecolóxica.

As actividades propostas queren incluír as boas prácticas medioambientais no ensino curricular desde unha perspectiva de transversalidade. Cada ficha está pensada como material de axuda para as aulas e abranguen as grandes áreas de coñecemento.

Ademais, o Caderno Verde inclúe os eco-contos da familia Trebón, destinados á etapa da Educación Infantil, así como diversas actividades en liña e descargables.

CLICADE  NA  IMAXE  PARA  ACCEDER  AO  RECURSO.

 

 

NOTICIA REUTILIZAR

 

O Faro de Donas                                                             Xoves, 30 de xaneiro de 2020

 

4º salva o planeta

ALUMNADO 4º PRIMARIA

DONAS / O FARO

 

Este ano no CEIP Souto–Donas, pertencente a Gondomar, están a participar coas tres R. Unha delas é Reducir, a segunda é Reutilizar e a terceira é Reciclar. 

 

Dende comezo do curso 2019-2020 a clase de 4º de primaria está reutilizando un montón de cousas.

 

 

 

Por exemplo aos tapóns das botellas póñenlles números para xogar ás Matemáticas

 

 

 

As caixas de zapatos reutilízanas para gardar obxectos de moitos tipos. Collen os botes de colacao, de café, etc para poñer os materiais. 

 

Coas cartolinas fan tarxetiñas para xogos de lingua: fan determinantes, verbos, adxectivos... 

  

 

Os sobres das notas reutilízanos dun ano a outro e durante todos os trimestres. 

 

 

Empezaron como tolos reutilizando e van mellorando pouco a pouco.

 

 

Unídevos a REUTILIZAR.

 

 

PODEMOS REDUCIR O CONSUMO DE AUGA NO COLE?

As alumnas e alumnos de terceiro achamos que si é posible.

Para elo primeiro temos que confirmar si se gasta moita auga

Quixemos precisar canto se gasta para así facérmonos conscientes dilo. Xa que logo puxémonos co proceso de avaliación.

Imos analizar canta auga gastamos ao abrir as billas. Precisamos do seguinte material.

 

  • Un recipiente de recollida de auga cunhas medidas axeitadas para recollela nos lavabos.

  • Un medidor de capacidades graduado. Neste caso empregamos a báscula que temos na aula. Está graduada en mililitros (ml.) e ollo xa estamos a REUTILIZAR materiais.

  • Un recipiente máis grande para verter a auga que imos recoller. Xa que tamén tivemos en conta a necesidade de aproveitar esa auga.

Fixemos análises de todas as billas do cole: Baños da planta baixa tanto de alumna e alumnos como de mestras e mestres. Baños do primeiro andar e baños do patio.

Fomos recollendo a auga, medindo as capacidades.

Nas billas de premer analizamos: A cantidade gastada cada vez que prememos na billa. Así como os litros de auga bota por cada minuto.

Nas billas de tirador calculamos a cantidade de auga que botan por minuto. Para acadar os resultados tivemos que facer algúns cálculos matemáticos.

A auga extraída aproveitámola para regar as plantas, lavar as mans,... Tamén a botamos nas caldeiras para baldear o cole.

Ao final, o resultado asusta e agardemos que nos faga conscientes e nos alente a REDUCIR.

Xa que logo!

Lanzamos o noso reto!

Seremos capaces de reducir o consumo de auga no cole?

Seguindo un código de cores coñecido seguro que o faremos:

  • A billa que debemos empregar é a que ten a cor amarela. Pero ollo, sempre cómpre facer un uso responsable.

  • Cando non teñamos dispoñible a amarela acudiremos a laranxa. Facendo un uso coidadoso, premendo pouco e con coidado de non desaproveitar a auga.

  • So no caso de que sexa moi necesario (cando sexamos moitas e moitos...) acudiremos a billa co indicador vermello. Tendo moito coidado de non premer moi forte e facendo un uso responsable.

  • No caso das billas de tirador non debemos deixar que corra a auga se non a estamos empregando.

 

Apúntate ao reto. Apúntate a Reducir o consumo de auga.

 

OBRADOIRO CON EUCALIPTO.

Ambientadores de eucalipto

 

O pasado xoves 14 de novembro viñeron un grupo de alumnos do Centro Juan María ao noso colexio. A súa profe explicounos cunha presentación, moitas cousas sobre os eucaliptos : a súa orixe australiana, a súa introdución en Galicia e os seus efectos negativos no noso ecosistema. Pero tamén teñen cousas positivas , porque coas súas follas podemos facer preparados naturais que axudan á nosa saúde. Tamén podemos elaborar ambientadores, e iso foi o que fixemos os nenos e nenas de 5º e 6º.

Como sabedes, o noso proxecto anual do Centro é “Planeta San”, e tentamos por en práctica actividades que nos axuden a conseguilo. Onte, só coas cocas dos eucaliptos, unhas cordas e esencia de eucalipto, fixemos uns ambientadores totalmente ecolóxicos.

Logo, coas follas secas troqueladas, saiunos un confeti chulísimo!!

 

 

VIVEIRO FORESTAL.

APRENDEMOS  A  FACER  O  NOSO  VIVEIRO  FORESTAL.

 

 

MANIFESTÁMONOS POLA TERRA.

MENSAXE DE GRETA THUNBERG.

 

CLICA NA IMAXE PARA ESCOITAR A MENSAXE DE GRETA THUNBERG

 

PLANETA SAN

Durante este curso investigaremos sobre o que esta pasando no noso planeta. Todos/as estamos oindo falar do cambio climático e das consecuencias negativas que terá para a saúde da Terra. 

Ocúrrensenos un montón de preguntas que nos podemos facer e trataremos de buscar as respostas a elas e a outras que nos vaian xurdindo a medida que vaiamos experimentando. O máis importante será que dende o noso centro podamos contribuir para que esto non suceda.

Para esto faremos unha morea de actividades durante o curso para as que contaremos tamén, con aportacións externas ao centro. E sobre todo faremos fincapé en pequenas actuacións que podamos levar a cabo dende as nosas aulas e que axuden a mellorar esta situación.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut