Na semana do 24 ó 28 de abril, aproveitando que seguimos coa celebración do día do libro, os nen@s de 5º foron a todas as aulas na hora de ler, para contar as historias de Carlos Casares. Deste xeito, "A galiña azul", "Un polbo xigante", "Lolo anda en bicicleta" e as historias de "Toribio"... percorreron todo o cole e tod@s gozamos delas.
Grazas ó alumnado de 5º por participar.