Skip to Content

INICIO

O noso colexio foi un dos seleccionados para participar nun programa piloto que introduce a robótica nos colexios. O proxecto Escornabot, así se chaman os robots que temos,  iniciouse cunha xornada de formación en Santiago a que acudiu a coordinadora da  nosa biblioteca. Alí montaron un escornabot e dende Bibliotecas escolares, mandáronnos 3 máis (viñeron en pezas que houbo que montar). En total, temos 4. 

O primerio paso, foi informar a todo o claustro deste proxecto. Entre algúns mestres, montamos outro Escornabot e elaboramos unha guía de montaxe para que a empregaran o noso alumnado. Revisamos todo o material que nos proporcionaron en Santiago e empezamos a diseñar a introducción dos robots nas aula e as actividades. 

 Esta é a guía de montaxe que elaboramos nós. 

 

AdxuntoTamaño
Pasos da montaxe escornabot.pdf2.96 MB


page | by Dr. Radut