A ASEMBLEA XERAL DA NACIÓNS UNIDAS no ano 1992 declarou o 3 de decembro dia mundial das persoas con discapacidade. O obxectivo desta conmemoración é facer visibles diante de tod@s, ás persoas con discapacidade e promover iniciativas para: - Eliminar as barreiras que dificultan a súa integración, tanto físicas coma psicolóxicas (prexuízos). - Facilitarlle a integración na sociedade proporcionando servizos sanitarios, educativos, sociais ... que fagan posible o seu maior desenvolvemento. No colexio fixemos unha actividade, o mércores 7 de decembro onde os nenos e nenas puideron vivenciar as dificultades que as persoas con discapacidade atopan no seu día a día. Por outra banda o CEE JUAN MARÍA de Nigrán organiza moitas actividades para esta data, entre elas a difusión dun video coa canción “LATIENDO POR TI”, a proxección da película “LA HISTORIA DE JAM”, mañá 1 de decembro ás 19 h no auditorio de Nigrán, gratuita e un acto o sábado 3 na Praza do Concello de Nigrán a partires das 17 h con música en directo.
Invitan a toda a comunidade e piden a nosa colaboracion enviándolle fotos ou videos dos nenos, nenas, profesorado,familias ... con globos verdes (cor da inclusión) para logo publicalos, por iso animade aos nenos e nenas a vir o día 7 con camiseta ou xersei verde e a facerse a foto individual ou en grupo con globos verdes que haberá no colexio.
|