Skip to Content

NENAS E NENOS DO MUNDO

Neste curso 2014/15 imos traballar nun novo proxecto titulado: "NENAS E NENOS DO MUNDO". Os obxectivos que nos marcamos son os seguintes:

 

  1. Descubrir diferentes culturas do mundo, coñecendo características como a situación xeográfica, poboación, moeda, idioma,.... Centrarémonos nas seguintes cidades: Nova Deli (India/Asia), Manaos (Brasil/América do sur), Adís Abeba (Etiopía/África) e Pekín(China/Asia).

  2. Suscitar a curiosidade e o respecto polas xentes que son doutra raza e que teñen distintos costumes e distintos xeitos de pensar ca nós.

  3. Traballar conxuntamente todo o centro e toda a comunidade educativa, na investigación dun tema de interese para todos.

DESENVOLVEMENTO

Mentres traballamos en conxunto na ambientación, cada ciclo traballa os seus contidos e crea un centro de información (panel), que vai acompañado de material ilustrativo, manipulativo, dixital ou complementario. Unha vez feito establecemos unhas datas para que llo poidan explicar ao resto de ciclos. Despois desta fase, o alumnado de 6º curso, llo explica ás familias e visitantes.

Pedimos ás familias colaboración en todo aquilo que poida enriquecer o proxecto (charlas informativas dalgunha mamá, papá, avós ou amigos que poidan achegar datos, experiencias material que nos poida servir para a exposición)

 




page | by Dr. Radut