Un ano máis dende o EDLG do cole andamos na busca do cuco. A actividade consiste na recollida do seu canto nun deses magníficos paseos que sabemos que facedes pola fermosa contorna natural que temos. Seredes quen de gravalo e incluso de sacarlle unha foto? Si é así, animámosvos a enviar a seguinte información á dirección de correo que vos achegamos:
-
Nome da alumna ou alumno
-
Lugar no que o escoitei (barrio, aldea e parroquia)
-
Data e hora na que o escoitei.
-
Audio, pequena gravación e/ou foto.
Dirección de correo: edlgsoutodonas@gmail.com
Tamén podedes empregar o formulario que atoparedes na seguinte ligazón (podedes acceder a ela desde a web do centro):
https://forms.gle/VDtedQPB1LB88Aoz7
Logo de recollida a información, identificaremos o lugar nun mapa do concello de Gondomar, con todas as súas parroquias, situado nas escaleiras interiores do centro.