Xa sabedes que o día 25 de novembro é o día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Tal e como recolle a Organización das Nacións Unidas a violencia contra as mulleres e as nenas segue sendo unha das violacións dos dereitos humanos máis extendidas e xeneralizadas do mundo. Calculase que, a nivel global, 736 millóns de mulleres -case unha de cada tres- foron víctimas de violencia física e/ou sexual alomenos unha vez na súa vida.
Xa que logo, temos moito por facer. Durante todo o curso desenvolvemos tarefas que pretenden concienciar sobre esta e outras temáticas e estes días tivemos a visita de Julia, que pertence a asociación ACADAR. Un grupo de mulleres con inquietudes e desexos comúns de alcanzar a igualdade efectiva de oportunidades das mulleres con discapacidade de Galicia que levan traballando dende 2009. Moitas grazas pola túa visita e polas importantes ensinanzas que nos transmitiche.
Asemade, no cole levamos a cabo unha serie de dinámicas entre as que se atopan estas que a continuación expoñemos.
Na seguinte ligazón podedes ver un vídeo no que contamos o conto "Vivan as uñas de cores".
Tamén vos ofrecemos un traballo feito en Genially para que poidades traballar cuestións relativas a diferenza de sexo e de xénero.
Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración.