Skip to Content

UNHA NOVA DIMENSIÓN

O mércores 24 de maio as alumnas e alumnos de cuarto xunto coas de sexto asistimos a unha sesión de dinamización da lectura baseada no libro de Anxo Iglesias "Unha nova dimensión", libro merecente do Premio Merlín de Literatura Infantil do ano 2022.

O autor ofreceunos unha fantástica sesión que nos axudou a achegarnos a poesía dun xeito lúdico e imaxinativo.

Tal e como se describe a partir do concepto xeométrico de dimensión artéllase este delicioso libro de poemas onde prima a compoñente lúdica e imaxinativa que conecta directamente co mundo da infancia. A poesía entendida como xogo. A poesía entendida como fonte de diversión. A poesía reivindicada, ademais, como unha dimensión con entidade propia. Ler «Unha nova dimensión» é asistir a un festival de creatividade. É un estímulo para a imaxinación!

Moitas grazas Anxo pola túa dispoñibilidade e por esta fantástica sesión, axúdanos moito a adquiri Unha Nova Dimensión da poesía.  



page | by Dr. Radut