Dende o EDLG do cole andamos argallando unha actividade sobre un peculiar veciño que nos visita todas as primaveras: o cuco. Consiste na recollida do seu canto nun deses magníficos paseos que sabemos que facedes pola fermosa contorna natural que temos. Seredes quen de gravalo e incluso de sacarlle unha foto? Si é así animámosvos a enviar a seguinte información á dirección de correo que vos achegamos:
- Nome da alumna ou alumno
- Lugar no que o escoitei (barrio, aldea e parroquia)
- Data e hora na que o escoitei.
- Audio e/ou foto.
edlgsoutodonas@gmail.com
Tamén podedes empregar o seguinte formulario si vos resulta máis cómodo.
Logo de recollida a información, identificaremos o lugar nun mapa do concello de Gondomar, con todas as súas parroquias, situado nas escaleiras interiores do centro.
PREMIO.
Velaquí temos o primeiro explorador que deu co CUCO. Parabéns a Aitor de segundo de primaria por atopalo. Disque xa hai uns días que anda pola Portavedra.
Tamén Olivia de quinto de primaria o escoitou en Pinzás e aquí nos envía testemuño delo. Moitas grazas.
Tamén Nicolás de terceiro de primaria se achegou a San Cibrán a escoitalo. Moitas grazas por achegarnos este vídeo.
Ivo de infantil tamén o escoitou, desta volta lonxe dos límites do noso concello. Moitas grazas.
Tamén Clara de sexto de infantil e Eloy de terceiro de primaria quixeron participar, mais desta volta non acharon ao cuco pero si a unha boa compañeira a bubela. Moitas grazas por participar.
Chéganos unha nova gravación feita por Nicolás de primeiro de Primaria. Recolleuna o saábado 16 de abril ás 12:00 na serra do Galiñeiro, moitos parabéns e graciñas por participar.