Houston, Houston!! Temos unha morea de dúbidas!
- Que impacto ten a acción do ser humano na aparición das pandemias?
- Que é a zoonose?
- Que perigos supón estes virus?
- Que medidas de prevención debemos adoptar para defendernos do coronavirus?
- Que efectos provoda o virus a curto e medio prazo?
- Cando veremos a efectividade das vacinas?
- Que é a neurociencia?
E quen nos responde a todas estas preguntas? As preguntas respóndenolas a Ciencia. E que é a Ciencia? A Ciencia é unha muller de Bretoña, a Ciencia é Sonia Villapol Salgado.
Sonia Villapol é Profesora e Investigadora Principal no Instituto de Investigación do Hospital Metodista, en Houston (o maior centro médico do mundo). E ao mesmo tempo é Profesora de Neurociencias na Universidade de Cornell en Nova Iorke.
O venres 18 de decembro estivo connosco Sonia Villapol a través dunha conferencia que compartimos en directo na nosa canle de YouTube .
Participamos nesta charla alumnas e alumnos do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda (Lugo) e do CEIP Plurilingüe Souto Donas (Gondomar).
Premendo na seguinte imaxe accedes á visualización do vídeo promocional da charla.