Skip to Content

RECURSOS VARIOS

PARA XOGAR EN GALEGO.

 

 

XOGOS VIRTUAIS COA LINGUA.

Tes ou tés,... dificultade coa acentuación diacrítica ou queres practicar o seu emprego? Rosa Alonso ofrécenos este Quizziz que abofé che axudará dun xeito moi divertido.

 

Seguro  que xa coñeces o wordle. Un sinxelo videoxogo de adiviñar palabras que se extende por todo o mundo en cuestión de días. Pois xa o temos en galego! Grazas a Abraham Martínez Gracia.

 

 

PARA ESCOITAR E CANTAR EN GALEGO

 

RADIO PICARIÑA

 

Esta nova canle dixital, integrada na marca Xabarín, pon a disposición dos usuarios unha selección coas mil mellores cancións en lingua galega para os todas e todos.

 Radio Picariña | Canles directos RG | CRTVG

 

 

ORGULLO GALEGO

 

Cando naceu Orgullo Galego no ano 2016, un dos obxectivos que se marcaroneradar a coñecer a música feita na nosa lingua, xa que entendían que había unha variedade enorme mais que non gozaba do apoio suficiente. Así, primeiramente crearonunha lista clasificada por estilos e que hoxe conta con máis de 500 bandas que teñen en común o uso do noso idioma.

Hai un ano, decidiron dar para adiante unha idea, a apertura dun perfil de Orgullo Galego no Spotify no que puidéramos elaborar diferentes listas de música en galego.

Si premedes na seguinte ligazón accederes a moita música variada en galego, panxoliñas, música infantil,...

 

 

PINGALLOS

Unha nova canle con vídeos musicais para a infancia.

 

 

 

PARA LER E ESCRIBIR EN GALEGO

 

GALICIA ENCANTADA

Aquí atoparás a historia da Galicia imaxinaria, mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras que se resisten ao esquecemento e que seguen vivindo na nosa memoria colectiva.

Desta nosa veciñanza, herdeira das nosas máis vellas fantasías, procuramos as pegadas, describimos as súas figuras, desenmascarámolos e seguímolos ata os seus escondedoiros.

 

 

 

 

A CHAVE

O proxecto da Chave súmase ao esforzo colectivo de lle dar valor e prestixio á lingua. Quere contribuír a que sexamos unha sociedade con mairo consciencia lingüística, máis animada a coñecer e usar o galego. Fornécenos léxico sobre a fauna e a flora e ligazóns de internet sobre a lingua e a sociedade.

 

 

 

ORELLA PENDELLA

 

Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos.

Con esta páxina pretenden difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI.

 

 

O PORTAL DAS PALABRAS

Unha iniciativa dirixida a moitos tipos de persoas, desde rapaces en idade escolar a persoas maiores que teñan interese polo noso idioma e o seu léxico. O que se precisa para aproveitar este Portal é que se teña curiosidade e ganas de aprender. Podemos atopar moita información sobre léxico, vídeos e xogos que resolverán moitas das nosas dúbidas sobre a lingua.

Olla a palabra do Día! | Consellería de Educación, Universidad y Formación  Profesional

 AULAS GALEGAS

Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cremos que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 debemos ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.

Aulas galegas nace para axudar ao alumnado, ás familias e ó resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego..

 PESCA DE RÍAS


Para achegarte a un mellor coñecemento do peixe, nomes e características.

 

Blog - Cooperativa Ría de Arosa

 

 

PARA PROMOVELO GALEGO

 

O PORTAL DA LINGUA GALEGA

Para coñecelo, aprendelo, promovelo, investigalo,...

 

 

 

 



page | by Dr. Radut