Chega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros. É o tempo de recoller o millo e as cabazas. É tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das cabazas seguindo unha antiga tradición. É tempo de... SAMAÍN!
"Nin as bruxas, nin os demos ou zombis pintan nada no imaxinario desta festa, todo o máis as pantasmas coa cara tapada ou emborrallada como no magosto, festa que, por certo, ten bastante proximidade con esta. E dende logo nada de morcegos, arañas, bufos, ou outros animais semellantes, respectados no rural polos seus beneficios e satanizados... no Halloween." www.blogofiadeiro.blogspot.com
Convidámosvos a que, dende as vosas casa, continuedes con esta tradición e participedes nesta actividade:
1. Decora a túa cabaza empregando, preferiblemente, materiais de refugallo.
2. Sácalle unha foto.
3. Envíanola ao correo "edlgsoutodonas@gmail.com" indicando o nome e o curso da/o nena/o.
Data límite para enviar a foto o día 2 de novembro.
Lembrade que este curso por mor das condicións sanitarias que estamos a vivir non poderemos traer as cabazas ao cole.
Permanecede atentas e atentos á nosa páxina web para ver a montaxe que crearemos con todas as cabazas.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega