Os vosos fillos e fillas iniciarán a escolarización no noso centro no mes de setembro.
É posible que tanto os nenos e nenas coma vós mesmos, sintades certa ansiedade, temor,… ao supor un cambio moi importante.
Para propiciar unha boa adaptación ao colexio deixámosvos este folleto con orientacións para as familias e tamén o conto "IMOS AO COLE" para que leades e miredes cos nenos e nenas.