Ambientadores de eucalipto
O pasado xoves 14 de novembro viñeron un grupo de alumnos do Centro Juan María ao noso colexio. A súa profe explicounos cunha presentación, moitas cousas sobre os eucaliptos : a súa orixe australiana, a súa introdución en Galicia e os seus efectos negativos no noso ecosistema. Pero tamén teñen cousas positivas , porque coas súas follas podemos facer preparados naturais que axudan á nosa saúde. Tamén podemos elaborar ambientadores, e iso foi o que fixemos os nenos e nenas de 5º e 6º.
Como sabedes, o noso proxecto anual do Centro é “Planeta San”, e tentamos por en práctica actividades que nos axuden a conseguilo. Onte, só coas cocas dos eucaliptos, unhas cordas e esencia de eucalipto, fixemos uns ambientadores totalmente ecolóxicos.
Logo, coas follas secas troqueladas, saiunos un confeti chulísimo!!