O 25 de Novembro é a data na que cada ano lembramos a todas as mulleres vítimas de malos tratos, abusos e outros tipos de violencia a mans, case sempre das súas parellas ou exparellas. Poñeremos ese día as camisetas reivindicativas, así deixaremos moi claro o noso REXEITAMENTO Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES e o noso compromiso con MODELOS DE CONVIVENCIA BASEADOS NA LIBERDADE, NO RESPECTO E NA IGUALDADE. |