Este ano 2019 homenaxeamos a Antonio Fraguas Fraguas no Día das Letras Galegas. Un home que traballou arreo para difundir a nosa lingua e a cultura popular. A súa vida é un exemplo de paixón polo coñecemento e polo país.
"Eu traballei sempre por e para Galicia. Unhas veces acertei, outras non; pero en todo canto levo feito puxen sempre toda a miña ilusión, todo o pouco que sei, sen esperar nunca nada a cambio."
"Dediquei toda a miña vida a tratar de localizar e dar visibilidade aos elementos do noso patrimonio que durante séculos pasaran desapercibidos ou foran obxecto de desprezo. Penso que, por sorte, a mentalidade da sociedade mudou e hoxe en día a sensibilidade é maior."
(Antonio Fraguas Fraguas)
Queres coñecer ti agora un pouco sobre Antonio Fraguas Fraguas?
Preme nas IMAXES para acceder ós recursos e actividades:
PRIMAVERA DAS LETRAS
SEMINARIO GALÁN
- Documentos para imprimir
- Actividades en liña
- Álbum de fotos
O PORTAL DA LINGUA GALEGA
(SXPL)
REAL ACADEMIA GALEGA
- Biografía
- Obra