Durante a mañá do 25 de maio, o grupo de quinto participou en diferentes probas atléticas: lanzamento de vortex, 60 metros lisos, lanzamento de peso, salto de lonxitude, 500 metros e relevos 4*60 metros.
A unión do esforzo e superación de cada nena e neno da clase de 5º do CEIP Soutodonas contribuíu a acadar o 2º posto nesta celebración escolar do atletismo pontevedrés, celebrado nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva na cidade de Pontevedra.