Skip to Content

Histórico centro

O Apalpador visita o noso centro

Para rematar este trimestre, chegou ao noso cole O Apalpador e dúas axudantes, dándonos unha marabillosa sorpresa chea de maxia e ilusión ademais de traernos unha chea de xogos que repartiron en todas as aulas.

Moitas grazas á ANPA do noso cole por facer posible que a maxia do Nadal chegase ao centro.

Tamén queremos darvos as grazas pola gran chocolatada preparada pola ANPA e os riquísimos doces que aportaron as familias. 

Amosamos unha pequena testemuña do acontecido, desexando que teñades unhas marabillosas festas. 

 

Bono deporte

PLAN DIXITAL

No seguinte enlace podedes ver o Plan Dixital 2023/24  do noso centro

 

PLAN DIXITAL

Matrícula: Solicitude de reserva

IMPORTANTE

RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS DO 15 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO.

 

Dende o día 15 de xaneiro e ata o 5 de febreiro

ábrese o prazo para a reserva de praza para o vindeiro curso 2024/25 do alumnado que procede de centros adscritos (CFR San José) e vén para 1º de primaria. Tamén o noso alumnado de 6º que vai ó IES Terra de Turonio.

Entregaremos os impresos ó alumnado de 6º.

As solicitudes deberán ser presentadas no centro de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia para o que é preciso a Chave 365 ou certificado dixital.

( https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A )

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

Do 1 ó 20 de marzo abrirase o prazo para as solicitudes ordinarias de admisión para o vindeiro curso 2024/24. Para todas as familias que queirades visitar o noso cole, podedes facelo o día  5 de marzo de 2024 de 16:00 a 17:00 horas.

Na visita podedes coñecer as instalacións do noso centro e responderemos ás dúbidas que teñades. 

MENÚ FEBREIRO

Menú mes de febreiro

 

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS

Hoxe celebramos o día da Candeloria.A orixe da celebración habería que buscala nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza.

O feito de que xa se vexan os primeiros xermolos-non anda lonxe a primavera-, fai que a data Candeloria adquire outro simbolismo:acostuma dicirse que é o tempo no que casan os paxariños:" Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar , metade do inverno está por pasar".

ola

Ordes do meco para o entroido 2.024

Aquí tedes as ordes do noso meco deste entroido 2024.

Chámase Kraken.

Unha enorme e colosal criatura mariña da mitoloxía nórdica descrita comunmente como un tipo de polbo, lura xigante ou medusa.

MATRÍCULA 2024/25

 

CALENDARIO DO PROCESO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN

2024/25

 

Reserva de praza no centro de orixe: para o alumnado de 6º que reserva praza no IES Terra de Turonio. Alumnado CPR San José para 1º de primaria

15 de xaneiro - 5 de febreiro

Publicación alumnado centro adscrito

22 de febreiro

Publicación de postos escolares vacantes

antes do 1 de marzo

Presentación da solicitudes de admisión (para alumnado de nova incorporación ó centro)

 

1-20 de marzo

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (en caso de que haxa máis solicitudes que vacantes)

 

10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas (no taboleiro do Centro ou a través da Aplicación AdmisionAlumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital)

 

25 de abril

Presentación das reclamacións

 

5 días hábiles a partir do 25 de abril

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas (no taboleiro do Centro, nesta páxina Web mediante código facilitado á familia ou a través da Aplicación AdmisionAlumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital)

 

15 de maio

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria

 

20-30 de xuño

 

 MATRÍCULA 2024-25

 

HORARIO DE SECRETARÍA: 9:00-10:00 e de 13:00-14:00

MATRÍCULA 2024-25

ADMISIÓN ORDINARIA

 

 

1 ó 20 de marzo

 

 

- Impreso de Admisión e Matrícula cuberto e asinado (anexo II).

 ANEXO II

 

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA 2024/25

 

20 ó 30 de xuño

Documentación Matrícula 

 

Anexo III-1: Formulario de matrícula en Educación Infantil e Primaria, do

- Documento autobús (marcar liña, parada e autorización para recollida.)

- Relixión/valores

- Fotocopia cotexada da folla de inscrición do/a alumno/a no libro de familia.

- Fotocopia do D.N.I. do/a alumno/a, se o ten.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a alumno/a plastificada.

- Fotocopia do boletín de vacinas do/a alumno/a.

- Dúas fotografías do/a alumno/a tamaño carné co nome por detrás

IMPRESOS PARA DESCARGAR:

 

Impreso reserva Transporte Escolar

Valores/Relixión

 

 

 

 

 

 

 



by Dr. Radut