Como xa sabedes tod@s o 30 de xaneiro, coincidindo co aniversario da morte de Gandhi, é O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.
Este curso imos solidarizarnos cos refuxiados e refuxiadas, persoas que tiveron que fuxir das súas casas, do seu país... deixando todo atrás somentes por ser como son, por sentir como sinten, por nacer onde naceron ou por atoparse no medio dunha guerra...
O pasado 14 de febreiro fixemos unha saída didáctica á Coruña.
Foi unha saída científica, visitamos:
A CASA DAS CIENCIAS, onde puidemos experimentar co movemento, as forzas, o magnetismo,...
O MUSEO TECNOLÓXICO, alí démonos conta de como vai evolucionando a ciencia, miramos un dos primeiros ordenadores, un alambique, unha romana, un dos primeiros coches españois (SEAT 600) e ata un avión ...
O AQUARIUM, coa axuda da nosa guía aprendimos moitas cousas dos peixes e outras especies marítimas, sobre todo das que podemos atopar no noso litoral: polbos, rodaballos, doradas,... pero os que máis chamaron a nosa atención foron as focas e Gastón, un tiburón touro macho de 2,5 m de llongo e 120 Kg de peso, que trouxeron da Bretaña francesa.
As alumnas e alumnos de Infantil e 1º ciclo ce Primaria aventurámonos este ano a traballar cos Xeoplanos. Porén o primeiro era facelos, xa que logo aló fomos. Con moita axuda das nosas familias temos unha estupenda ferramenta para traballar nas nosas aulas. Aquí vos ensinamos neste pequeno vídeo como foi todo o proceso, nós pasámolo xenial, e vós?, animádesvos?