Skip to Content

Histórico centro

Segundo Obradoiro de Xogos Populares

A Que Sabe a Lúa?

AS ZAPATILLAS DEPORTIVAS DE SOFÍA

Co gallo do DÍA DA PAZ lemos este interesante conto 

 


 
E agora traballamos con el
 
 

NENAS E NENOS DO MUNDO

Neste curso 2014/15 imos traballar nun novo proxecto titulado: "NENAS E NENOS DO MUNDO". Os obxectivos que nos marcamos son os seguintes:

 

  1. Descubrir diferentes culturas do mundo, coñecendo características como a situación xeográfica, poboación, moeda, idioma,.... Centrarémonos nas seguintes cidades: Nova Deli (India/Asia), Manaos (Brasil/América do sur), Adís Abeba (Etiopía/África) e Pekín(China/Asia).

  2. Suscitar a curiosidade e o respecto polas xentes que son doutra raza e que teñen distintos costumes e distintos xeitos de pensar ca nós.

  3. Traballar conxuntamente todo o centro e toda a comunidade educativa, na investigación dun tema de interese para todos.

DESENVOLVEMENTO

Mentres traballamos en conxunto na ambientación, cada ciclo traballa os seus contidos e crea un centro de información (panel), que vai acompañado de material ilustrativo, manipulativo, dixital ou complementario. Unha vez feito establecemos unhas datas para que llo poidan explicar ao resto de ciclos. Despois desta fase, o alumnado de 6º curso, llo explica ás familias e visitantes.

Pedimos ás familias colaboración en todo aquilo que poida enriquecer o proxecto (charlas informativas dalgunha mamá, papá, avós ou amigos que poidan achegar datos, experiencias material que nos poida servir para a exposición)

 


O ENTROIDO XA ESTÁ Á PORTA

Ollo! Estade ben atentos ás mandas do Meco para esta semana!

Para sabermos máis sobre o Entroido en Galicia, rescatamos aquí unha fantástica presentación elaborada polo noso alumnado o curso pasado. 

 

 

 
 
Premendo na careta, poderemos estar moi ó día sobre esta festa:
 
Clicade nas imaxes para facer uns LIMs sobre o entroido:
 
 
(Os "Merdeiros" de Vigo, unha máscara que se está a tratar de recuperar) 
 
 
 
 
 
 
 

INAUGURAMOS A EXPOSICIÓN

POR FIN CHEGOU O DÍA DE INAUGURAR A EXPOSICIÓN!.

OS NENOS E NENAS DE 6º FIXERON A PRESENTACIÓN DO PROXECTO ÁS FAMILIAS.

 

Obradoiro musical

Entroido 2015

Tercer Obradoiro de Xogos Populares

INVESTIGACIÓN NA AMAZONIA.

O martes 10 de febreiro víu  a  nai de Amber de 3º  (Sandra),  a darnos unha charla.

Sandra é bióloga e está dirixindo actualmente un máster na universidade de Vigo.


Consistíu na explicación dunha viaxe de investigación á Amazonía que fixo Sandra con outras compañeiras e compañeiros da Univerdidade de Bogotá.

Alí foron testemuñas da inmensa variedade de animais e prantas que ten a selva amazónica.

A súa investigación centrouse nas pautas de comportamento do "pássaro-boi", paxaro que emite uns sons moi peculiares e parecidos a unha vaca.

Ademais de toda a información que nos achegou sobre esta investigación tamén nos amosou cales son as principais destrezas dun científico e moita información interesante que complementa de xeito excelente o noso mural da exposición sobre Manaus capital do distrito da Amazonía.

                                                                     MOITAS  GRAZAS !!

 

 

 

 

PODEDES  ESCOITAR  AO  PÁSSAR-BOI  NESTE  VIDEO:

 



by Dr. Radut