Skip to Content

Histórico centro

Proba de táboa

sadasd  GGGG GFGFGFGFGDGG asdasd
BBB

html

AQUÍ TENDES UN ENLACE PARA COÑECER UNS EXERCICIOS SOBRE PATINAXE EN LÍNEA

 

 

Facendo clic aquí podedes acceder ao video

 

 

Outro video

SITUACIÓN

O C.E.I.P. Souto Donas situase na parroquia de Donas, no municipio de Gondomar. acuden a este centro nenos e nenas, fundamentalmente,  das parroquias de Donas e Borreiros, e algunhas entidades de poboación de Mañufe.

Gondomar é un municipio pertencente á provincia de Pontevedra e á comarca metropolitana de Vigo. Intégrase xunto cos concellos de Baiona e Nigrán na comarca natural do "Val Miñor". Ten unha extensión de 75 quilómetros cadrados e a súa poboación comprende 12.888 habitantes (IGE, 2006), distribuídos nas parroquias de Borreiros, Chaín, Couso, Donas, Gondomar, Mañufe, Peitieiros, Vilaza e Vincios.

 

Borreiros (San Martiño) ten 1.081 habitantes distribuídos nas entidades de poboación do Aciquelo, A Bandeira, Os Boucelos, O Burgovedro, Cabaleiros, O Castro, O Cruceiro, A Esparadela, A Estrada, Guntín, O Lousado, O Monteiro, A Oliveira, As Regadas, San Martiño, O Seixo, O Telleiro, A Tomada, A Valada, Viso de Calvos e A Xunqueira.

Donas (Santa Baia) ten 1.265 habitantes esparexidos entre as entidades singulares de poboación de Abrollido, O Alcoúcer, A Areosa, A Barcalla, A Barga, As Barreiras, O Cruceiro, A Estrada, O Estripeiro, O Meixón, A Miranda, O Mosteiro, A Nogueira, O Pereiro, San Cibrán, Sermán, O Sobreiro, O Souto e o Telleiro.

Mañufe conta con 1.229 habitantes distribuídos nas entidades do Barco, O Campo das Bestas, A Costa, Castrillón, A Cruz, Fontán, Galisteo, A Goldra, O Lameiro, A Moreira, Nande, Penalba, Piquetes, A Ponte, A Portavedra, Pousada, O Rapadouro, San Brais, San Sebastián, Santo André, Seidóns, A Sequiña, A Texosa e O Verdeal.

CARACTERÍSTICAS

Relevo. O colexio esta situado no "Val Miñor" que presenta certa variedade de formas: por unha banda, participa da chaira pola que discorre o leito do río Miñor e, pola outra, da paisaxe montañosa, pricipalmente ó leste e ó sur , constituída pola serra do Galiñeiro e a plataforma amesetada entre esta e a serra da Groba, as cales encerran o val que queda aberto ó oeste.

Clima. Presenta caracteríticas similares ó das restantes Rías Baixas, se ben hai que destacar unha menor cantidade de precipitación anual, sobretodo na época estival, o que unido a suavidade das temperaturas invernais lle confire un matiz mediterraneo.

Hidrografía. A arteria principal é o río Miñor, formado a partir da confluencia do Morgadáns e do río da Rasa, que descenden da vertente sudoccidental do Galiñeiro. En Gondomar úneselle pola dereita o seu principal afluente, o Zamáns, que descende no norte do monte Galiñeiro. O río Miñor ten 16 quilómetros de percorrido e é de réxime atlántico. Aínda que non verte as súas aguas ó Miñor, dentro da súa mesma cunca pódese incluir o río da Groba, que descende da serra do mismo nome e desemboca na praia de Sabarís en A Ramallosa ( Baiona).

SITUACIÓN

PICASA

MATRÍCULA

Segundo a Orde do 17 de marzo de 2007 (DOG do 19 de marzo) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.  

Artigo 9º.-Prazo de solicitudes.
1. O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do 1 de marzo ao 31 de marzo de cada ano, ambos os dous inclusive.

 
Artigo 8º.-Solicitude de admisión.
1. As solicitudes axustaranse ao modelo oficial que
se publica como anexo II a esta orde. 2. Este impreso será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e poderá descargarse na páxina web da Consellería de Educación e O.U.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2013/14

 

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA

Documentación necesaria para formalizar a matrícula no centro:

  

  • Anexo II. Documento para solicitude de admisión. Descargar

 

  • Impreso, se é necesario, datos da parada do autobusDescargar

  • Documento autorización saídas pedagóxicas e autorización uso da imaxeDescargar

  • Documento de asistencia: atención educativa ou relixión católica. Descargar

  • Fotocopia, cotexada, da folla de inscrición no Libro de Familia.

 

  • Dúas fotos tamaño carné. Levarán o nome do alumno pola parte traseira.

 

  • Fotocopia do boletín de vacinas.

 

  • Fotocopia da Tarxeta de prestación sanitaria (plastificada).

 

  • Fotocopia, se é posíbel, do DNI do alumno/a.


by Dr. Radut