Ola familias! Como van eses ánimos?
Veña, que pronto volveremos estar xuntos!
Queremos agradecervos todo o esforzo que estades levando
para continuar coa aprendizaxe das vosas fillas e fillos.
Sabemos que estades a traballar un montón!
Queremos informarvos que o xoves 23 de abril é o día do libro.
E para conmemoralo durante esta semana, dende o equipo de biblioteca, fannos dúas propostas divertidas.
Podédelas atopar na páxina web do cole.
Animámosvos a que participedes!
Lembrarvos tamén, que esta semana, o mércores 22, remata o prazo para participar no reto que nos
propuxo a profe Olga “Donas Resiste”
(Máis información na páxina principal da web do cole)
No arquivo adxunto podedes descargar as propostas para esta semana.
Deixámosvos tamén uns enlaces a páxinas educativas.
Esperamos que vos resulten útiles.
contido/problematicos/espazoAbalar
https://www.vedoque.com/
http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/Tablas/TablasIE.html
Un saúdo e moito ánimo!
As titoras de 2º