Skip to Content

Histórico centro

FOTOS DO CROSS EN BAIONA 2017

RECOMENDACIÓNS DO 1º TRIMESTRE

CURSO 2017/18

 

 

Estas son as nosas recomendacións para estas vacacións. Lecturas para tod@s. Feliz ano 2018 lector

 

INICIO CURSO LECTOR 2017/18

CURSO 2017/18

 

O inicio do novo curso lector 2017/18 trouxo algunhas novidades na nosa biblioteca.  Fixemos varios cambios no mobiliario e na distribución do espazo.  Todo isto, para facer aínda máis acolledora a nosa biblioteca, que un ano máis está agardando para darnos moita, moita lectura.

 

Empezamos!!!!

Fomos en diferentes quendas por ciclos. Vaia sorpresa levamos todos. En cada ciclo, houbo alguén encargado dun contacontos. Logo puidemos gozar dalgúns libros que chegaron novos  e dos que xa tiñamos nos novos sofás e coxíns.

 

Antes de escoitar o conto, vimos un vídeo presentación onde nos recordaban as normas e a CDU 

En infantil, José Luis, contou “Un conto cheo de lobos”

 

 
 
 
No primeiro ciclo, Eva contou “Ladrón de palabras”.  Logo cada nen@ escribiu a súa palabra e deixouna no buzón da entrada
 
 
 

No 2º ciclo, Sara contou “Un  niño es un niño”.

 

No 3º ciclo, Alba, unha nena de 6º contoulles ós seus compañeiros “O Mago de Oz"

SAMAÍN 2017

 O Samaín chegou con novas personaxes para quedar na nosa biblioteca. Durante  estes días de medo, tivemos unha bruxa que nos presentou libros de meigallos e bruxas e ata tiña un gato que trouxo consellos moi importantes.

Como en anos anteriores, houbo sesión de contos de medo para todos os ciclos.

En infantil, Bea contou “O Grúfalo”, José Luis “El día que se comieron a Luis”; Belén “A casa da bruxa” e Stephanie “Go away , big green monster”

No 1º ciclo, Stephanie contou “Go away , big green monster”

No 2º ciclo fixeron varias lecturas de medo baixo unha grande sábana.

 

E no 3º ciclo, Nano contou “O cuarto prohibido”

 

 

LINTERNA E CONTO

Dende a biblioteca, propuxemos unha actividade onde todos os nenos trouxeron da súa casa unha lanterna e un conto, o seu favorito. Na biblioteca, fixemos lecturas a escuras alumeando só coas lanternas. Foi moi divertido.

 



by Dr. Radut